O Concello de Sada volverá a ter unha nova edición do programa Vives Emprega que se vai desenvolver no segundo semestre do 2020
Vives Emprega é un programa da ONG “Acción Contra el Hambre” orientado a aumentar as túas oportunidades para atopar emprego a través da mellora das túas competencias e habilidades. Grazas a unha metodoloxía innovadora de traballo en equipo póñense en valor as túas capacidades para axudarte a acadar os teus obxectivos.
A actual situación de crise sanitaria do covid19 fai que a prioridade sexa a seguridade das persoas evitando as xuntanzas grupais e, ca adaptación metodolóxica axeitada, ésta edición vai ser en modalidade semipresencial – online, modalidade probada, por obriga da pandemia, na anterior edición obtendo unha resposta xeral satisfactoria por parte das persoas participantes.
Esta nova edición vai iniciar de inmediato a fase de difusión, polo que todo o proceso de sesións informativas, inscricións e entrevistas ás persoas interesadas en participar será en remoto por algunha das aplicación existentes (Skype, Teams, ....) ou telefónica.
Os participantes terán acceso a contactos directos con empresas, eventos de emprego e obradoiros con responsables de Recursos Humanos. Diversos expertos axudarán a motivar aos participantes e axudarlles a recuperar a confianza.
¿A QUÉN VAI DIRIXIDO O PROGRAMA?
- A persoas que se atopen en situación de desemprego inscrita como demandante de emprego.
- Se queres coñecer a situación actual do mercado laboral post Covid19. • Axeitar o teu perfil profesional cara oportunidades de traballo.
- Se queres aprender a promocionarte e facer entrevistas de traballo eficaces empregando as novas tecnoloxías.
¿CÓMO FUNCIONA?
No programa Vives Emprega contarás co apoio e reforzo dun profesional que te axudará a mellora nas túas competencias laborais mediante:
- Sesións grupais ONLINE dous días á semana.
- Sesións individuais (online ou telefónica) de atención persoalizada donde traballar nos teus obxectivos profesionais e cómo acadalos.
- Posibilidade de realizar
FORMACIÓN ONLINE.
- Participar en xuntanzas e encontros ONLINE con empresas que te achegarán ao mercado laboral.
LUGAR DE REALIZACIÓN:
- Modalidade SEMIPRESENCIAL - sesións ONLINE
DATA:
- Segundo semestre do 2020 (setembro a decembro)
PERFIL DAS PERSOAS QUE PODEN PARTICIPAR:
O programa Vives Emprega vai dirixido a:
- Persoas desempregadas e inscritas como demandantes de emprego
- Localidade de residencia dentro da provincia de A Coruña
MÁIS INFORMACIÓN:
Alejandro Martín – Técnico Coordinador do Vives Emprega Galicia
TELÉFONO: 682 700 162 - mail: amartinlopez@accioncontraelhambre.org
INSCRÍBETE AQUÍ e porémonos en contacto contigo.