O Concello de Sada suspende todas as actividades públicas e privadas no municipio de Sada nos vindeiros cinco días, incluidos o outlet Sada Comercio, o Feirón, o Cine de Verán, as actividades de Sada Móvese, e cantas actividades estivesen programadas, até que a Consellería de Sanidade remita novamente as medidas a adoptar.
Sada, 7 agosto 2020.
A Consellería de Sanidade ven de remitir un escrito ao Concello de Sada onde se sinalan as medidas que se teñen que adoptar a partir das doce desta noite para previr os riscos de contaxio en toda a comarca da Coruña, polo tanto que tamen afectan a Sada.
- Peche dos locais de discotecas e demais establecementos de lecer nocturno, e prohibición das festas, verbenas e outros eventos populares, así como das atraccións de feiras.
- Limítanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, a un máximo de dez persoas, excepto no caso de persoas conviventes en que non se aplicará esta limitación.
O Concello de Sada, aínda que a día de hoxe ten cero casos confirmados de contaxios do Covid19 (fonte Consellería de Sanidade), non pode máis que seguir tomando medidas como ata o momento para conter os posibles rebrotes da pandemia.
Polo tanto quedan suspendidas todas as actividades públicas e privadas no municipio de Sada nos vindeiros cinco días, incluidos o outlet Sada Comercio, o Feirón, o Cine de Verán, as actividades de Sada Móvese, e cantas actividades estivesen programadas, até que a Consellería de Sanidade remita novamente as medidas a adoptar.
O Concello de Sada apela a responsabilidade de todas e todos para cumplir estrictamente coas recomendación sanitarias e poder voltar á normalidad e canto antes.