Novo obradoiro de lectura asistida con cans Aprende a ler con Nora

24 / XUN / 2019

Novo obradoiro de lectura asistida con cans Aprende a ler con Nora

Aprende a Ler con Nora volta á Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo o venres 28 de xuño. Actividad para nenos e nenas de 5 a 11 anos para a que existen 10 prazas.

Listaxe admitidas/os Aprende a Ler con Nora 28 xuño

Sada, 24 xuño 2019.

O vindeiro venres 28 de xuño de 17:00 a 19:00 horas na Biblioteca Municipal de Sada prográmase unha nova sesión do obradoiro de lectura “Aprende a ler con Nora” do programa Perros e Letras de animación á lectura con cans adestrados  especialmente para ler con nenos.

Nesta 4ª edición do programa, organizado pola Biblioteca Municipal, habrá 10 prazas disponibles onde terán preferencia as persoas empadroadas en Sada e que non tivesen participado en sesións anteriores desta actividade.  

O prazo de inscrición remata remata o xoves 27 de xuño ás 18:00 horas. En caso de que as inscricións superen o número de prazas  terá lugar un sorteo público entre todas as persoas solicitantes o xoves 27 de xuño ás 19:00 horas na Biblioteca Municipal.

Grazas a este programa, os menores len libros a un can especialmente adestrado para ler con eles, algo que mellora as habilidades lectoras do neno, sobre todo a súa fluidez e comprensión lectora. Segundo os expertos que levan a cabo a actividade, o éxito do programa radica na conexión emocional que se establece entre o can e o neno que le para o animal. O can escoita atentamente, axuda a relaxarse e diminúe a ansiedade, no xulgan, non se burla e non critica, é menos intimidante que os compañeiros de clase ou que adultos e deixa que o neno vaia ao seu propio ritmo.

En España, os cans R.E.A.D. de “Perros y Letras” estiveron lendo en lugares tan emblemáticos como a Biblioteca Nacional de España e en multitude de librarías e outros espazos como a Fundación Jesús Abandonado, A Casa do Libro ou a FNAC.

 

Arquivado en