-Un informe engargado pola alcaldía á Policía Local, enviado no mes de febreiro á Deputación, cifra en máis dun accidente mensual na estrada DP5813 ao seu paso pola parroquia de Osedo.
Sada, 26 outubro 2018.
Logo do accidente rexistrado esta pasada madrugada na DP5813 o alcalde de Sada, Benito Portela, demanda da Deputación Provincial unha maior seguridade na estrada e mostra de novo a súa preocupación pola alta siniestralidade do vial.
O pasado mes de febreiro o alcalde de Sada, Benito Portela, remitiu ao departamento de Estradas da Deputación un informe das actuacións practicadas pola Policía Local na estrada DP5813 ao seu paso pola parroquia de Osedo.
No devantido informe se comproba que no prazo de pouco máis dun ano (xaneiro2017-febreiro 2018) producíronse 18 accidentes no tramo do vial, unha media de máis dun accidente por mes.
Portela advirte ademáis que moitas veces prodúcense pequenos accidentes na zona nos que non é necesaria a actuación dos corpos de seguridade polo que tampouco computan na siniestralidade da estrada.
O goberno local de Sada ven demandando á Deputación Provincial actuacións na estrada DP5813 para lograr unha maior seguridade e reducir o número tan elevado de accidentes que se producen. Sen entrar nas causas do último accidente, rexistrado a pasada madrugada, o alcalde cree que “é necesario un estudo pormenorizado das causas dos accidentes e da siniestralidade do vial ao seu paso por Sada para acadar unha maior seguridade tanto para os conductores como para os veciños e veciñas da zona”.
Esta mañá Portela púxose en contacto co departamento de estradas da Deputación para trasladar de novo a súa preocupación pola alta siniestralidade do tramo e demandar solucións urxentes en materia de seguridade.