O alcalde de Sada, Benito Portela, recibiu o pasado sábado aos deportistas do Club Salvamento Sada que conseguiron algunha medalla nos Campionatos de España da tempada recentemente finalizada.
Sada, 18 outubro 2016
O alcalde quixo así, nun ambiente distendido, felicitalos e recoñecer o traballo dun club que, ademais de proclamarse na tempada de verán Campión Galego en todas as categorías, logrou nos campionatos nacionais un total de sete medallas individuais e tres de substitucións, conseguindo situarse como terceiro mellor Club de España de Salvamento Deportivo nas categorías Xuvenil e Junior Feminino e o quinto na Xeral Junior e na Absoluta.
Unha das deportistas, a junior Paula Agra, foi así mesmo, convocada pola selección española para participar no Campionato do Mundo celebrado en Holanda o pasado mes de setembro, onde logrou un meritorio décimo primeiro posto na proba de Sprint.