Este fin de semana celebrouse en Sada a primeira parte dun intercambio deportivo/cultural entre o CAS (Club Atletismo Sada) e o HWAC (Hércules Wimbledon Athletic Club's) de Londres
O pasado mes de maio de 2015, un grupo de directivos e adestradores do CAS realizaron unha visita a Londres, onde lanzaron aos representantes do HWAC londiniense o proxecto de intercambio.
Estas conversacio?ns frutificaron nun intercambio deportivo/cultural do que este fin de semana produciuse a primeira parte, coa visita a Sada de dez atletas ingleses de entre 14 e 15 anos, acompan?ados de pais e adestradores.
A chegada dos atletas brita?nicos produciuse o venres e regresaron a Londres desde Alvedro o domingo 27. Os mozos pasaron estes di?as en casas de membros do CAS quenes devolvera?n a visita a Londres no mes de agosto.
Nos di?as que estiveron de estancia en Galicia os mozos realizaron paseos e visitas turi?sticas tanto por roteiros de Sada como por monumentos da Corun?a e realizaron competicio?ns e adestramentos nas pistas do INEF (Oleiros).
Ademais os representantes do club Hércules Wimbledon Athletic Club's de Londres e do Club Atletismo Sada foron recibidos o pasado sábado polo alcalde de Sada, Benito Portela, quen obsequioulles cun detalle das Cera?micas do Castro e material turi?stico de Sada.