O alcalde e concelleiros de Sada confinados por seguridade dan PCR negativa nas probas por Covid

28 / OUT / 2020

O alcalde e concelleiros de Sada confinados por seguridade dan PCR negativa nas probas por Covid

Ningún traballador municipal que realizou esta mañá a proba rápida para a detección de anticorpos contra a Covid19 en mostras de sangue deu positivo.

Sada 26 outubro 2020

Despois de que o pasado venres dese positivo en Covid unha das concelleiras, o Concello emprendeu unha campaña de desinfección das dependencias municipais de Axudantía, seguindo o protocolo sanitario, ademais do confinamento de parte dos membros do goberno municipal, entre eles o alcalde. Esta mañá coñeceuse que os resultados das probas PCR realizadas nos centros sanitarios polos concelleiros confinados foron todos negativos.

Desde o Concello de Sada ofreceuse tamén a todos os traballadores municipais a posibilidade de realizaren voluntariamente esta mañá unha proba rápida para a detección de anticorpos contra a Covid19, con resultado NEGATIVO en todas elas.

O positivo por Covid rexistrado no Concello de Sada activou o pasado venres o protocolo realizado xunto coa empresa de prevención contratada para este fin. Enviouse unha circular a todos/as os/as empregados/as municipais advertindo do positivo e anunciando que, como medida engadida de prevención, o Concello de Sada proporcionaba test rápidos para todos/as aqueles/as empregados/as municipais que así o solicitasen.

Igualmente, indicábase a todos/as os/as empregados/as do Concello que, no caso de que calquera empregado público presentase síntomas da enfermidade, deberían comunicalo para activar os protocolos establecidos polas autoridades competentes ás persoas que estivesen en contacto.

 

Arquivado en