-O orzamento de execución material do proxecto ascende á cantidade de 287.409,13 euros dos que a Deputación aporta 150.000 euros.
- O proxecto destinado a reducir os riscos de inundación en Sada contempla a substitución das redes de auga, saneamento e pluviais nas rúas Cambre, Culleredo e Abegondo e dunha parte da avenida da Coruña.
- As obras presentadas o pasado venres por Benito Portela contemplan ademais a instalación dun tanque de tormentas para extraer as augas pluviais e impulsalas até a zona de Brañas no caso de que concorran á vez circunstancias de choivas persistentes, marea alta e un chaparrón intenso, momento no que o barrio se alaga.
"A colaboración entre institucións é fundamental", sinalou o alcalde Benito Portela á finalización da reunión na Deputación da Coruña. "Nos cumplimos co que dixemos nun primer momento. Temos que estudiar o que sucedeu, temos que buscar solucións e temos que executalas. A Deputación da Coruña involucrouse desde o minuto un co que sucedeu en Sada e agora que plantexamos a mellora do saneamento e pluviais das zonas afectadas polas inundacións encontramos a colaboración necesaria para levar adiante o proxecto.
Sada 14 de novembro 2016.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, mantivo o pasado venres unha reunión co alcalde de Sada, Benito Portela, na que analizaron o proxecto encargado polo municipio para a mellora da rede saneamento e recollida de pluviais no municipio, co obxectivo de reducir o risco de inundacións ás que periodicamente se ve exposto o barrio de Cantalarrana.
Formoso comprometeu unha achega provincial de 150.000 euros para estas actuacións, o cal suporá o financiamento de máis da metade do proxecto, presupostado polo concello de Sada en 287.409 euros.
Pola súa banda, o alcalde de Sada agradeceu o apoio da Deputación ao municipio, e resaltou o compromiso persoal do presidente provincial, unha das primeiras autoridades en visitar o concello interesándose polas graves inundacións sufridas o pasado mes de marzo. Nesa ocasión, o presidente provincial xa ofrecera o apoio da Deputación para loitar contra os alagamentos no municipio.
"A colaboración entre institucións é fundamental", sinalou Benito Portela á finalización da reunión na Deputación da Coruña. "Nos cumplimos co que dixemos nun primer momento. Temos que estudiar o que sucedeu, temos que buscar solucións e temos que executalas. A Deputación da Coruña involucrouse desde o minuto un co que sucedeu en Sada e agora que plantexamos a mellora do saneamento e pluviais das zonas afectadas polas inundacións encontramos a colaboración necesaria para levar adiante o proxectos.
Portela indicou ao presidente da Deputación que o que se pretende con esta actuación é a substitución de todos os colectores de saneamento e das redes de auga e pluviais nas rúas Cambre, Culleredo, Abegondo e unha parte da Avenida da Coruña, as máis afectadas polas inundacións alcanzando cotas de 3,1 metros practicamente unha vez ao ano.
O alcalde de Sada, solicitou esta reunión co presidente da Deputación para facerlle entrega do proxecto, redactado polo departamento de infraestruturas municipal, que trata de modernizar as redes dos servizos municipais básicos do barrio de Cantalarrana que actualmente presentan diferentes problemas que deben corrixirse, tales como facer os colectores de saneamento “separativos”, é dicir preténdese instalar colectores de augas pluviais e de augas fecais, así como substituír todas as acometidas de ambas as augas e dirixilas ao colector indicado.
Xunto con este primeiro obxectivo, o goberno local pretende ademais reducir o risco de inundacións por augas pluviais neste barrio que periodicamente se ve exposto unha inexorable realidade: cando concorren circunstancias de choivas persistentes, marea alta “viva” e un chaparrón intenso, o barrio alágase até a cota 3,10 ata que as choivas cedan e o nivel do río descenda.
Desde hai algúns meses o departamento de infraestruturas está a comprobar que as actuais infraestruturas no centro urbano de Sada requiren obras de mellora, tanto na calidade dos seus materiais como nas súas prestacións e capacidade. No caso das canalizacións de abastecemento de auga, saneamento e pluviais apréciase notablemente polo aumento de poboación nestas rúas e polos fenómenos meteorolóxicos que periodicamente alagan este popular barrio de Cantalarrana. Concretamente alágase a cota 3,10 respecto ao nivel medio practicamente unha vez ao ano, o que leva ao Concello de Sada a exporse acometer, con carácter de urxencia, algunhas obras de substitución de infraestruturas.
Nalgunhas destas rúas aínda existen acometidas a vivendas en chumbo, así como acometidas non separativas de gres para saneamento. Coa obra que se proxecta preténdese realizar a substitución das acometidas aos edificios que non cumpran cos criterios de materiais adecuados e a separación das augas residuais e pluviais, como se veu facendo noutras zonas comerciais como a Rúa Linares Rivas ou no popular barrio da Tenencia.
Nesta zona, os servizos que precisan obras de mellora, de forma urxente, son os servizos municipais básicos: auga, saneamento de fecais e de saneamento de pluviais. Trátase por tanto, de substituír as infraestruturas básicas existentes en chan público, pozos de rexistro, arquetas, sumidoiros, bajantes de cubertas e as acometidas domiciliarias dos mencionados servizos.
Igualmente, e co fin de reducir o risco de inundación, deben instalarse colectores por gravidade de augas pluviais en todas as rúas do barrio e que necesariamente han de verter á zona das Brañas. As actuais conexións ao río poden supor mesmo un gran un achegue de auga extra ao barrio se o nivel do río supera a cota 2,80.
Nos períodos onde se dan o tres circunstancias (choivas persistentes, marea alta e un ballón intenso), e o colector por gravidade teña as súas válvulas de descarga pechadas, por ser o nivel da auga excesivamente alto, as augas entrarían nun tanque de tormentas provisto dun bombeo para extraer as augas pluviais e impulsalas até a zona de Brañas.
Detalle das obras a realizar
Portela indicou a González Formoso que o que se pretende desde o departamento de infraestruturas do Concello é a substitución de todos os colectores de saneamento e dos correspondentes pozos de rexistro necesarios nas catro rúas do barrio.
Prevese ademais a instalación dos tramos de colector de pluviais e dos correspondentes sumidoiros e pozos de rexistro necesarios en ambas as rúas. Neste colector recolleranse as augas pluviais procedentes das bajantes dos edificios existentes nas rúas, mediante acometida domiciliaria, e por gravidade serán transportadas cara á zona das Brañas.
Tamén se substitúen dous tramos de tubaxe na rúa Abegondo e un tramo na rúa Culleredo. Desta forma complétase o mallado das rúas e substitúense aqueles tramos que pola súa antigüidade poden dar problemas nun futuro próximo. Así mesmo prevese a substitución e inclusión dun total de dúas válvulas de corte xeral e as acometidas aos edificios de dúas rúas.
Para evitar que o nivel das lagoas das Brañas entre de retroceso nos colectores por gravidade de pluviais proxéctase construír arquetas con válvulas de retención de descarga. Nos períodos onde se poidan dar as tres circunstancias citadas e o colector teña as súas válvulas de descarga pechadas (por ser o nivel da auga excesivamente alto), as augas entrarían nun tanque de tormentas provisto dun bombeo para extraer as augas pluviais e impulsalas até a zona de Brañas.
Permisos e orzamento
Ao estar as obras dentro da zona de policía dos 100 metros do Río Maior (río que neste tramo está canalizado) e ademais, a Ordenación Urbanística Provisional actualmente vixente en Sada e as Normativas anteriores NN.SS.PP. /97 contemplan que a zona está afectada o Plan Especial de As Brañas, é necesaria a autorización de Augas de Galicia pertencente á consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, previo ao comezo das mesmas.
O orzamento de execución material do proxecto ascende á cantidade de 287.409,13€ dos cales a Deputación provincial achegará 150.000€ e o resto será sufragado con fondos propios. O prazo de execución estimado é de seis meses, sendo o desexado para executar as obras entre maio de 2017 e outubro de 2017.