O alcalde responde ás preguntas de seguridade vial dos escolares de Sada e Contornos

20 / MAI / 2016

O alcalde responde ás preguntas de seguridade vial dos escolares de Sada e Contornos

Esta mañá celebrouse un Pleno Infantil no Concello de Sada onde participaron os escolares do CEIP Sada e Contornos que na quenda de rogos e preguntas demandaron do acalde de Sada, Benito Portela, numerosas cuestións de mellora de seguridade viaria que previamente realizaron nas súas clases dentro do proxecto "Móvete con Tino" . Os escolares pasearon nos últimos días por Sada e fixáronse en temas de seguridade viaria que poden mellorarse para hoxe exporllas ao alcalde.

 

Escoita o Pleno Infantil 

En total 150 alumnos e alumnas de educación infantil e educación primaria do CEIP Sada e os seus Contornos estiveron durante media hora charlando co alcalde demandando melloras que Portela prometeu atender.

Ao final do pleno os escolares solicitaron a Portela que atendese unha demanda como é a cubrición do patio exterior para poder desenvolver educación física así como a construción futura dun pavillón polideportivo nos terreos anexos ao colexio.

O alcalde sinalou que a cubrición farase moi pronto, debido a que se necesitaba aprobar a PXOM para poder realizar dita actuación, e que a construción do pavillón se realizará "se pode ser, neste mandato" 

Portela agradeceu as preguntas e animou aos escolares a participar de todas as actividades que se realizan en Sada, non só desde o Concello, e que gocen do pobo.

Arquivado en