O Club Sasa de Sada conquistou o título absoluto nos campionatos galegos de inverno 2016 de salvamento para as categorías alevín, infantil e cadete.
Durante o fin de semana dez clubs, que mobilizaron 209 deportistas, competiron na piscina Carballo Calero, de Carballo, baixo a organización da Federación Galega e o club local Sysca.
A competición respondeu as expectativas, ao conseguirse 19 marcas e clasificar a moitos deportistas para os campionatos de España, que terán lugar os días 20 e 21 en Valladolid.
O Sasa conseguiu na clasificación conxunto 1.396 puntos. Seguíronlle no podio Sysca de Carballo, con 1.280, e Umia de Caldas, con 1.218. As seguintes prazas foron para Natación Cerceda (1.089), Arteixo (622), Vilagarcía (609), A Estrada (526), Sapo de Pontevedra (328), Sal da Laracha (38) e Ourense (0).
Na clasificación infantil, o equipo vencedor foi tamén o Sasa de Sada. É a primeira vez que os deportistas tiveron que acreditaron marcas mínimas tanto nos infantís como nos cadetes.