O Concello aforrarase case 11.000 euros ao ano unificando o servizo de mantemento dos seis ascensores municipais

30 / MAI / 2017

O Concello aforrarase case 11.000 euros ao ano unificando o servizo de mantemento dos seis ascensores municipais

A primeira tenente de alcalde, Raquel Bolaño, explicou que a revisión dos contratos fará que so nas instalacións municipais de Mosteirón e na OMIX o aforro chegue a superar os 6.000 euros

Sada 30 maio 2017.

O Concello aforrarase 10.920,60 euros anuais centralizando o servizo de mantemento de ascensores situados nas instalacións municipais. Así o explicou esta mañá a primeira tenente de alcalde, a concelleira socialista Raquel Bolaño, quen indicou que a centralización do servizo supoñerá un importante aforro  para as arcas municipales.

Desde hai uns meses, a concelleira de Educación, Xuventude e Saúde mantivo diversas reunións coas empresas que realizaban os traballos de mantemento dos ascensores nas instalacións municipais competencia das súas áreas de goberno. Analizada a situación e vendo a posibilidade de chegar a acordos coa empresas para sacar un contrato de mantemento dos ascensores, comprobamos que a medida tamén podería estenderse ao resto de aparellos elevadores”.

Así, o contrato de mantemento incluirá os ascensores das instalacións municipais de Mosteirón, Mondego, a Oficina Municipal de Información Xuvenil, Ayudantía, Concello e Centro de Saúde. Cada ascensor supoñerá agora ao Concello un gasto de 45,98 euros ao mes.

A diferenza é especialmente significativa na OMIX onde ata agora pagábase 278,18 euros ao mes, o que supón un aforro de 2.736 euros ao ano; en Mosteirón, onde o aforro achégase aos 4.000 euros; ou en Ayudantía e Mondego onde o aforro chega aos 1.884 euros ao ano. A intención da primeira tenente de alcalde socialista é revisar outros servizos que tamén poden ser susceptibles de que "unificándoos repercutan nun aforro importante para o Concello”.