A instancias da concellaría de Benestar Social, xestionada por Isabel Reimundez, aprobouse o pasado xoves o regulamento de medidas para a inclusión social.
REGULAMENTO DE MEDIDAS DE INCLUSIÓN SOCIAL
Sada 30 de maio
O texto pretende ofrecer axudas para reforzar os procesos de inclusión das persoas sen recursos, corrixir as desigualdades e axudar a cubrir as necesidades básicas de quen se atopen en situación de exclusión ou en risco de estalo.
O proxecto establece unhas axudas de emerxencia social que son prestacións económicas non periódicas con carácter extraordinario e cun pago único que teñen por finalidade a cobertura de necesidades básicas, como alimentación e produtos de hixiene, gastos xerados pola vivenda, aloxamento alternativo, fianza dunha vivenda, equipamento da vivenda ou reparacións.
O segundo tipo de axudas pode ser para apoio a menores, gastos de farmacia, desprazamentos e situacións urxentes.