Este novo servizo, dispoñible a través de cita previa que os/as interesados poderán solicitar chamando ao 687 322 743 ou a través do enderezo electrónico axudas@sada.gal, comezará o luns 22 de xuño nas dependencias da pranta baixa do edificio da OMIX na Praza da Peixería.
Sada, 20 xuño 2020.
O Concello de Sada, a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade, axudará aos veciños e veciñas a tramitar o Ingreso Minimo Vital impulsado polo Goberno central para facer fronte ao impacto que a crise do coronavirus COVID-19 xerou na poboación dende o punto de vista económico. Tamén se prestará servizo para a tramitación do Programa de Axudas para minimizar o Impacto Económico e Social do Covid19 nos Alugueiros de Vivenda Habitual
O Concello de Sada instalará unha oficina de atención aos cidadáns para ofrecer este servizo que funcionará a partires deste luns 22 de xuño nas dependencias da pranta baixa do edificio da OMIX na Praza da Peixería.
Isabel Reimúndez, concelleira de Benestar Social e Igualdade, subliña que "somos conscientes de que moitos veciños e veciñas non teñen medios tecnolóxicos e solicitar unha axuda de xeito telemático pode ser moi complicado, polo que Sada contará con unha oficina de atención ao cidadán para a tramitación das dúas axudas, o IMV e as axudas ao aluguer".
Dous sociólogos expertos en política social serán os encargados de asesorar e resolver as dúbidas sobre a prestación estatal e a do IGVS e se tramitarán as solicitudes das axudas.
O servizo estará dispoñible a través de cita previa, que os/as interesados poderán pedir chamando ao 687 322 743 e a través do enderezo electrónico axudas@sada.gal
Sada reforzará así as catro vías abertas polo Ministerio de Seguridade Social para informar acerca do IMV: un teléfono gratuito (900 20 22 22), a web da Seguridade Social (www.seg-social.es), o asistente virtual ISSA e un simulador desta prestación.