O propio Auto da Audiencia ampara a interposición de dito incidente, en aplicación do art. 703-1 LEC, e tendo en conta que na escritura de 1938 o que se transmitíu foi continente (inmoble) e contido (todos os bens mobles, agás a biblioteca).
O concello de Sada reitera de novo da Xunta o exercicio das súas competencias en materia BIC, dado que o Pazo é, e segue sendo, un ben integrante do Patrimonio Cultural de Galiza.
Sada, 21 abril 2021.
O Concello de Sada insta do Éstado á interposición inmediata dun incidente de execución de sentenza, no que, en aplicación do art. 703.1 da LEC (lei de enxuizamento civil), e co antecedente do contido e efectos da escritura notarial de 1938, se resolva o referido á propiedade dos bens mobles existentes no interior do Pazo e, en consecuencia, cales poderían ser retirados polos Franco (os que podan acreditar que foron adquiridos ao seu cargo) e cales forman parte integrante do Pazo.
O Concello de Sada precisa ao respecto que o art. 703.1 da LEC (e non o 703.1.2 que menciona o Auto, e que non existe como tal na LEC) determina, respecto da execución de sentenzas na que se ordene a entrega de bens inmobles, que poderán ser retirados aqueles bens mobles (“cousas”) pero so aqueles “que non sexan obxecto de título” (*; ver art. 701.3 LEC).
E, tal e como consta na escritura notarial de 1938, declarada válida pola sentenza do Xulgado de 1ª instancia de 02/09/2020 (pronunciamento non revisado nin anulado na sentenza da AP) que o se conveniou coa Xunta Pro-Pazo foi a transmisión do inmoble, pero tamén “todo cuanto dentro del edificio del Pazo de las Torres de Meirás existe”, que foi o efectivamente transmitido na dita escritura de 1938 (agás o referido á biblioteca). ( se achega en imaxes copia anexa de dita escritura).
Sorprendentemente, o Auto da Audiencia nin menciona ese concreto párrafo do art. 703.1 LEC nin tampouco o relativo á escritura de 1938, a pesar de que foi expresamente alegado polo Concello de Sada no seu escrito de oposición ao recurso de apelación dos Franco, estimado pola Audiencia.
Por tanto, o que resulta inadmisible é que o Auto considere que o feito de que na demanda do Estado non se exercitase unha pretensión específica sobre os bens mobles supoña automaticamente que a totalidade dos bens sexan propiedade dos Franco. Conclusión da Audiencia que non se axusta ao contido da escritura de 1938 que a Audiencia coñece perfectamente.
En consecuencia, e con independencia doutras accións xudiciais que poida exercitar o Estado en relación coa reivindicación da propiedade dos bens mobles, o que procede agora é que en fase de execución provisional da sentenza se interpoña incidente de execución no que se resolva sobre a cuestión decisiva, cal é se a entrega do Pazo de Meirás ao Estado inclúe a dos bens mobles do seu interior.
Polo demais, o Concello de Sada reitera a solicitude á Xunta de Galiza do exercizo das súas competencias en materia de patrimonio cultural de Galiza para incorporar ao Decreto BIC do Pazo a relación de bens asociados á categoria de sitio histórico.
O Concello de Sada lembra ao respecto que o Pazo de Meirás é un BIC decretado pola Xunta de Galiza, e que, como tal, forma parte do Patrimonio Cultural de Galiza. O feito de que unha sentenza (provisional) outorgue a propiedade do ben ao Estado non supón, en ningún caso, que dito ben mute súa condición de BIC nin que deixe de aplicarse o Decreto BIC do 2008 nin moito menos que deixe de ser ben integrante do inventario de patrimonio cultural de Galiza. As competencias na súa tutela e réxime xurídico de protección de patrimonio seguen sendo da Xunta de Galiza.
(*) LEC. Artículo 703. Entrega de bienes inmuebles. Si en el inmueble que haya de entregarse hubiere cosas que no sean objeto del título, el Letrado de la Administración de Justicia requerirá al ejecutado para que las retire dentro del plazo que señale. Si no las retirare, se considerarán bienes abandonados a todos los efectos.