01 / FEB / 2018
O Concello de Sada lamenta o pasamento de Merino, veciño de Sada residente no Tarabelo, e quere manifestar o seu profundo pesar polo falecemento no día de onte de quen fora alcalde da primeira Corporación municipal democrática da Coruña, e trasladar o seu máis sentido pésame a toda a súa familia e as persoas máis achegadas.
O concello quere destacar o compromiso vital que Merino demostrou a prol das liberdades e dereitos sociais dende os distintos cargos que ocupou na súa traxectoria e, neste sentido, anima a todas persoas que así o desexen a asistiren ao acto de despedida que o Concello da Coruña celebrará mañá venres ás 16:00 horas no Pazo de Maria Pita.