A metade da oferta está reservada ó reforzo do cadro de persoal da Policía Local
BOP 77 19 04 24 Aprobación Oferta emprego público Sada 2024
O Boletín Oficial da Provincia publica este venres a Oferta Pública de Emprego para este ano de oito prazas en distintos grupos. Desas prazas, catro son de quenda libre, dúas de promoción interna e dúas quedan reservadas para persoas con discapacidade. Sete son para persoal funcionario e unha para persoal laboral.
A metade das prazas convocadas están reservadas para reforzar o servizo da Policía Local, seguindo o compromiso que o Goberno Local mantén dende hai anos para que Sada conte cun cadro de persoal acorde ás necesidades do municipio. Neste sentido o executivo local convoca por promoción interna unha praza de Inspector de Policía Local, máis outras tres prazas de Policía Local de tipo C1.
Ademais destas, o Concello de Sada oferta unha praza de bibliotecaria nivel A2 por quenda libre. As reservas para persoas con discapacidade repártense entre Traballador/a social tipo A2 e Auxiliar de Administración Xeral tipo C2. Por promoción interna tamén se oferta unha praza de Encargado de Obras e Servizos con vínculo de persoal laboral.
“Esta Oferta Pública de Emprego permitirá cubrir en parte o cadro de persoal que precisa o Concello de Sada, máis non deixa de ser certo que as necesidades para atender á nosa poboación son maiores. Con todo, os municipios seguimos limitados por unha lei que nos impide contar con todo o persoal que precisaríamos para cubrir os servizos públicos que a nosa cidadanía demanda e que a este goberno lle gustaría prestar”, explicou o alcalde, Benito Portela.