-Tras o anuncio esta mañá da venda do hotel de Sada o alcalde, Benito Portela, valora moi positivamente o acordo alcanzado entre Abanca e Alda Hoteles convencido de que xerará emprego e movemento noutros sectores económicos da localidade.
Sada 26 marzo 2018.
Esta mañá o grupo Alda Hoteles anunciaba a compra do antigo hotel Sada Marina sinalando que no prazo dun ano estarán a pleno funcionamento.
Esta noticia foi acollida polo Concello de Sada de maneira satisfactoria xa que suporá un impulso para a economía local que o goberno municipal “espera que xenere emprego na localidade”.
O goberno municipal lembra que “sempre apostou polo uso hosteleiro para o inmoble” xa que era a alternativa “máis rápida, viable e realista”.
O alcalde, Benito Portela, tamén asegurou esta mañá que o Concello de Sada facilitará a posta en funcionamento do novo hotel ao igual que o ven facendo cos proxectos empresariais que elixen Sada como localidade para asentarse.