23 / AGO / 2017
O Consello Sectorial de Benestar Social, Muller e Saude está a realizar charlas de vida saudable polas parroquias do municipio e propón a realización de esta breve enquisa coa que trata de coñecer as necesidades da poboación de este concello para poder presentar proxectos acordes, cercanos e úties para todos os veciños.
Se queres participar preme na seguinte ligazón e resposta ao seguinte cuestionario. Enquisa
Sada 23 agosto 2017.
O Consello Sectorial de Benestar Social, Muller e Saude está a realizar charlas nas parroquias do municipio e propón a realización dunha breve enquisa coa que trata de coñecer as necesidades da poboación de este concello para poder presentar proxectos acordes, cercanos e útiles para todos os veciños.
Desde o Consello Sectorial estase a perdorrer as parroquias con dúas accións. A primeira realizar unha enquisa para coñecer as necesidades dos veciños e veciñas e ás súas inquedanzas neste ámbito. A segunda son as charlas impartidas pola doctora Rexina Basadre e o doctor Francisco Rodríguez Caramazan onde explican as vantaxes e conveniencia do exercicio físico e saudable, os hábitos para unha mellor alimentación, e os roteiros existentes nas parroquias.
A primeira charla tivo lugar a pasada semana na casa do pobo de Mondego e as seguintes terán lugar o 24 de agosto no local as asociación de veciños de Carnoedo, o 28 de agosto no local da antiga Cámara Agraria e o 31 de agosto na casa do pobo de O Castro en Osedo, todas elas celebraranse ás 20:30 horas.