O proxecto de actividade formativa de confección e mantemento de artes e aparellos e obtención do certificado de profesionalidade do Concello de Sada foi elexido como unha das 10 iniciativas de maior valor do xestionadas polo Galp no período 2016-2020
O GALP-Golfo Ártabro Sur, a través do proxecto de cooperación con outras zonas costeiras de Bitácoras, que busca pór en valor o papel dos GALP no territorio, seleccionou a actividade formativa de Redeiras do Concello de Sada como unha das 10 iniciativas de maior valor do xestionadas polo Galp no período 2016-2020.
Laura Rodríguez, Concelleira de Promoción Económica, Turismo e Emprego do Concello de Sada, agradece o recoñecemento ao proxecto de actividade formativa de confección e mantemento de artes e aparellos e obtención do certificado de profesionalidade do Concello de Sada e salienta “o seu impacto positivo a nivel social e a súa contribución á regulación e visivilización da profesión, facilitando alternativas de emprego sostible dentro do sector pesqueiro”.
Desde esta Concellería mostran a súa disposición a seguir a colaborar e desenvolver actividades encamiñadas a acadar un sector pesqueiro profesional, innovador e igualitario no conxunto do noso territorio.