-O Concello de Sada súmase á campaña polo Día Mundial desta enfermidade
Sada 21 xuño 2019.
O Concello de Sada sumaráse á campaña #LuzporlaELA, organizada pola Fundación Luzón xunto ás Asociacións de Familiares e Pacientes como membros da Comunidade da ELA. No marco desta iniciativa, o edificio de servizos administrativos do Concello de Sada, sito na Avenida da Mariña, lucirá iluminación de cor verde esta noite con motivo do Día Mundial da Esclerose Lateral Amiotrófica.
Esta iniciativa, na que se iluminarán practicamente 250 edificios e monumentos e na que participan 150 concellos, busca visibilizar a ELA e apoiar ás persoas enfermas para concienciar á sociedade sobre as dificultades que leva esta enfermidade día a día.
Na actualidade, hai 4.000 persoas diagnosticadas dela en España. Desde a Fundación Luzón sinalan que, cada día, falecen tres persoas e diagnostícanse tres casos novos, polo que a Esclerose Lateral Amiotrófica necesita ser abordada de forma urxente e coordinada. Trátase dunha patoloxía dexenerativa e incapacitante que afecta os enfermos e ás súas familias.