-200 persoas comezaron esta semana as actividades de ioga, tai-chi, reforzo da memoria, ximnasia terapéutica, pintura, restauración e o obradoiro de memoria “Sada no tempo”.
-A concelleira de Benestar e Igualdade, Isabel Reimundez, sinala que para o mes de novembro ampliaranse o número de prazas nas actividades máis demandadas.
Sada 13 de outubro 2015
A alta participación nas actividades que programa a concellería de Benestar e Igualdade para personas maiores de 55 anos levou a concelleira de Benestar e Igualdade, Isabel Reimundez, a ampliar o número de prazas nos obradoiros máis demandados.
“Este ano ofertamos 200 prazas nos distintos obradoiros e actividades, indica a concelleira, e programamos unha nova actividade como é Ioga pero aínda así o éxito na convocatoria entre as persoas maiores de 55 anos foi absoluto”. Ante estas previsións desde a concellería ofertarán para comezar no mes de novembro 45 prazas máis que o ano pasado para as actividades máis demandadas e que se cubrirán coas personas apuntadas e que actualmente están na listaxe de agarda.
Actividades Maiores 55 anos.
Esta semana comenzaron a impartirse as distintas actividades que desde a concellería de Benestar se programan para o curso 2016-2017.
Entre as actividades se encontra “Sada no tempo” que pretende achegarnos a outros tempos poñendo en común coñecementos e recordos do noso pasado a través da memoria oral, do diálogo e da investigación histórica, recreando como era aquela Sada que as novas xeracións xa non coñeceron.
No eido das artes plásticas prográmanse obradoiros de pintura, enfocados a persoas que se achegan por primeira vez ás artes plásticas e a aquelas que xa teñen nocións básicas que queren ampliar os seus coñecementos. Outro dos talleres que levarán no eido das artes plásticas é o de Restauración, enfocado a persoas que queren coñecer e traballar técnicas básicas de restauración de mobles, reciclaxe e pintura decorativa.
Prográmanse tres actividades deportivas, ximnasia terapéutica, Tai-Chi e como novidade este ano Ioga. Ximnasia terapéutica concrétase nunha actividade lúdica que persegue mellorar o estado xeral da persoa a nivel físico e emocional. Tai-Chi está dirixido a fortalecer ás persoas no aspecto físico, mental e emocional, favorece a prevención de enfermidades e mellora os estados de angustia, ansiedade e depresión así como reduce a tensión.
Este ano prográmase como novidade a actividade de Ioga dirixida á iniciación de exercicios de relaxación e respiración para conseguir un equilibrio do corpo e mente desde a conciencia do movemento.
Finalmente se programa o taller de reforzo da memoria dirixido a mellorar as habilidades perceptivas e atencionales, empregando estratexias de memoria que permitan compensar efectos de alteracións da memoria coa finalidade de manter hábitos e prácticas para favorecer a saúde en xeral.