O goberno de Sada agarda que a unanimidade do Pleno supoña que o Partido Popular se sume tamén ás demandas ante a Xunta para dar solución ás inundacións

31 / MAR / 2017

O goberno de Sada agarda que a unanimidade do Pleno supoña que o Partido Popular se sume tamén ás demandas ante a Xunta para dar solución ás inundacións

Unha vez que o PP asumíu no Pleno as posicións e demandas do goberno municipal de Sada, faga o propio ante o goberno da Xunta para que atenda as demandas do concello en relación coa busca dunha solución conveniada ás inundacións en Sada.

Sada, 31 marzo 2017

“Sería contraditorio que o PP apoie en Sada unhas demandas ante a Xunta, e non solicite de Beatriz Mato e da propia Xunta que atenda as reiteradas demandas de entrevista que este alcalde lle ten solicitado para chegar a un Convenio que dea solución definitiva ao risco de inundacións de Sada”, declarou hoxe Benito Portela.

O goberno local agarda que o respaldo político do PP en Sada teña continuidade tamén na Xunta de Galicia e se poida, á maior brevidade posible, concertar entre ambas administracións, autonómica e local, a planificación, programación de prioridades, prazos, finanzamento e execución das obras necesarias para evitar asolagamentos na vila de Sada, tal e como acordou onte o Pleno, a proposta do goberno.

“Unha vez que se acorde ese Convenio, o goberno local incorporá de xeito inmediato ao Orzamento municipal as obrigas económicas que para o Concello se deriven do mesmo. E agardamos da Xunta que dita incorporación se poida facer canto antes, dado que a disponibilidade deste goberno é total para poder chegar a dito acordo ”, afirma o alcalde, Benito Portela, quen lembrou que a solicitude de entrevista, remitida o pasado 7 de febreiro segue sen resposta ata o momento.

En calquera caso, o goberno local informa que hoxe mesmo remitirá á Consellería de Medio Ambiente, así como Augas de Galicia, o acordo plenario de onte, e reiterando a solicitude de entrevista coa concelleira, agardando tamén que tanto o PP de Sada en xeral, como a concelleira e deputada Soraya Salorio en particular, sumen as suas xestións e apoios para que o acordado onte en Pleno poida comprirse á maior brevidade posible en beneficio da cidadanía de Sada.

 

 

Arquivado en