A Xunta de Galicia estima que o custo total do proxecto e das obras será de 1.575.000 euros. Sada achegará un total de 1.075.000 euros, dos que 378.000 euros corresponden á subvención nominativa aprobada pola Deputación da Coruña no último Pleno da institución provincial. Pola súa banda, Augas de Galicia achegará 500.000 euros ao convenio.
Os gastos correspondentes á redacción do proxecto construtivo serán asumidos integramente polo Concello de Sada.
O equipo de goberno agarda que o Pleno aprobe por unanimidade a sinatura do Convenio.
MODELIZACIÓN DE DINÁMICA HIDRÁULICA DAS BRAÑAS DE SADA E DESEMBOCADURA DO RÍO MAIOR
Avaliación Preliminar do Risco de Inundación
Mapas de perigosidade e risco de inundación
Sada, 17 novembro 2020
O Goberno municipal levará ao Pleno ordinario do mes de novembro o convenio de colaboración para a mellora do funcionamento hidráulico do río Maior que, na súa versión definitiva, remitiu á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade a pasada semana para así proceder á súa sinatura.
O alcalde de Sada, Benito Portela, indicaba esta mañá que coa sinatura deste convenio, “dáse o paso fundamental para a execución dunha actuación que o Concello de Sada vén reclamando á Xunta de Galicia desde maio de 2016 para con ela mellorar e optimizar o mal funcionamento, a insuficiencia de capacidade de drenaxe e os continuos atrancos dos ríos Maior e Fontoira no seu treito final”.
Portela destaca “a importancia da previa declaración da zona como Área de Risco Potencial Significativo de Inundación, ARPSI, pois o dito recoñecemento foi fundamental para a consecución deste Convenio que establecerá o compromiso de renovación e mellora das infraestruturas hidráulicas existentes”; de feito, subliña o alcalde, “é a propia Xunta de Galicia quen sinala, no propio texto do convenio, que esta actuación pode considerarse como unha primeira medida das que corresponde acometer pola declaración desta zona como ARPSI, de tal xeito que contribúa a minimizar os riscos de inundación”.
No convenio para asinar estipulase que o Concello de Sada achegará, en tres anualidades, un total de 1.075.000 euros, 697.000 euros correspondentes a fondos propios e 378.000 euros que a Deputación da Coruña achega como subvención nominativa ao Concello de Sada, destinándose 75.000 euros do total do dito financiamento á redacción do proxecto de actuación. Pola súa banda, a achega de Augas de Galicia será de 500.000 euros que financiará con axudas da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) nun 80%, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.
Segundo o establecido no convenio, Augas de Galicia obrígase a realizar un estudo de alternativas para determinar a proposta máis axeitada co fin de acadar os obxectivos perseguidos de minoración dos riscos de inundación, e, unha vez que se presenten as propostas e que o Concello de Sada determine aquela que considere máis adecuada, levará a cabo as actuacións consistentes na contratación da redacción do proxecto da obra. Unha vez redactado, supervisado e aprobado o proxecto, procederase á contratación da execución e dirección dos traballos e á xestión destes ata completar a súa finalización conforme o proxecto.