O proxecto, xa adxudicado, que se vai a levar a cabo na estrada DP-7504, que une Castelo con Carnoedo e do que se fai cargo a Deputación como titular da infraestrutura, será exposto aos veciños e propietarios das leiras por onde discorre o camiño co fin de introducir melloras de face a favorecer a seguridade viaria na zona.
O alcalde de Sada, Benito Portela, xunto ao concelleiro de Obras e Servizos, Miguel Tenreiro, e técnicos da entidade provincial visitaron recentemente os tramos nos que se vai a actuar, do punto quilométrico 2,4 ao 3,1 e do 4,2 ao 5,020, aproximadamente, para realizar unha primeira análise do que se pode mellorar e para facer o acta de reformulo.
A idea é ampliar o ancho desa estrada, onde actualmente non hai sitio para aqueles que van camiñando, o que se traduce nun elevado risco para a seguridade viaria. Por iso é polo que o Concello expoña a creación dunha senda peonil dun metro e medio para reducir ese risco. “A seguridade viaria é un asunto de todos vos vecinos”, sinalou o rexedor.
O proxecto foi adxudicado por un importe superior aos 220.000 euros e o prazo de execución tras esa acta de reformulo está fixado nun catro meses.
Reunións
Portela sinalou que as reunións cos veciños da zona poderían celebrarse durante a primeira semana de marzo. Serán encontros cos residentes e propietarios de leiras tanto do tramo pertencente á parroquia de Mondego como á de Carnoedo.
Actuarase, como dixo o alcalde, até onde permita a estrada para que poida existir unha perfecta harmonía entre o paso dos vehículos e o tránsito dos peóns.
Unha vez que se coñezan as propostas veciñais, estudaranse coa Deputación para poder levalas a cabo.