O goberno local executa de maneira subsidiaria a limpeza da finca situada entre a Tenencia e Párroco Villanueva

30 / SEP / 2016

O goberno local executa de maneira subsidiaria a limpeza da finca situada entre a Tenencia e Párroco Villanueva

-Non é a única execución subsidiaria que levou a cabo nin tampouco a última. Expedientes similares levaron a cabo en Soñeiro e o Tarabelo e actualmente están abertos outros tantos no Tarabelo e no Porto de Sada.

Sada 30 setembro 2016

O goberno local ordenou o desbroce da parcela situada entre a Tenencia e a parte traseira das vivendas da marxe esquerda da rúa Párroco Villanueva realizando desta maneira unha execución subsidiaria ante a non execución da limpeza do talud existente por parte dos propietarios da UEI8.

O Concello de Sada notificou previamente á xunta de compensación da UEI8 de que procedese coa limpeza do talud existente na parte traseira das vivendas de praza da Barrosa pero actualmente e tras comprobar que durante máis de cinco anos a zona atopábase sen limpar e en condicións de insalubridade decidiu acometer a obra de desbroce e limpeza para posteriormente esixir o pago aos propietarios.

A execución subsidiaria consiste na realización efectiva e material da actividade, obra ou traballo a que estea obrigado un interesado e que finalmente é levada a cabo pola propia administración pública ejecutante xa sexa directamente ou a través dalgún medio instrumental legalmente autorizado.

Non é a única execución subsidiaria que levou a cabo o concello de Sada nin tampouco a última. Expedientes similares levaron a cabo en Soñeiro e o Tarabelo e actualmente están abertos outros tantos noutra parcela do Tarabelo e no Porto de Sada.

 

Arquivado en