A Concelleira de Deportes,Zeltia Garcia, pretende con esta obra mellorar a accesibilidade desta instalación deportiva.
O Goberno de Sada manifesta que se trata dunha demanda de centos de usuarios do campo de fútbol.
Sada, 15 de decembro 2015
O Concello de Sada propondrá ao Pleno Municipal incluir no POS (Plan de Obras e Servizos) da Deputación da Coruña a mellora das instalación do Campo de Fútbol As Mariñas- Andres Pena.
Na parte exterior do recinto deportivo se pavimentará o acceso e o aparcamiento,dotando a zona de saneamento e recollida de pluviais, coa instalación de arquetas, sumidoiros e conexións correspondentes ao colector subterráneo que existe na zona.
No interior do recinto se aportará terra vexetal para mellorar as zonas axardinadas e xabre compactado ao redor do terreo de xogo,asi como a instalación de distintos elementos de mobiliario urbano. Tamén se acometerán obras de albañilería,pintura,electricidade e fontanería nos vestuarios.
Para a Concelleira de Deportes, Zeltia García Ben "tratase dunha obra máis que necesaria,pretendemos que o entorno do campo de fútbol esté á altura do terreo de xogo,non soio é necesario facer novas instalación deportivas,temos que manter e mellorar as que temos”.
Para García Ben "é moi importante a mellora na accesibilidade aos recintos deportivos,no caso do campo de fútbol falamos dun equipamento que utilizan centos de usuarios todas as semanas”manifesta a Concelleira."
A realización deste proxecto ten un prazo de execución estimado de tres meses e o seu importe ascenderá a 81.270,70 euros.