-O orzamento estimado para a mellora das infraestruturas é de máis de medio millón de euros.
Sada, 23 outubro 2017.
O goberno municipal de Sada presentará no pleno do vindeiro xoves un paquete de actuacións en 27 camiños e rúas situadas nas oito parroquias sadenses. Ás obras englóbanse nos grupos Pavimentación de vías públicas urbanas e Investimento en Camiños.
Dentro do primeiro grupo atópase a pavimentación aceras e mellora de servizos na rúa Sadadarea, obra cun orzamento de 73.000€, e mellora de servizos afectados na rúa República Arxentina, cun orzamento de 135.000€. Ambas as actuacións mellorarán as beirarrúas e servizos existentes. Substituiranse aquelas tubaxes de acometida a servizos que pola súa antigüidade presenten riscos de avaría así como o pavimento por outro máis adecuado e seguro. Igualmente mellorarase a anchura das beirarrúas adaptándoa a normativa de accesibilidade.
No referente ao investimentos en camiños as actuacións abarcan todas as parroquias do termo municipal. Segundo o concelleiro de Obras e Servizos, Miguel Tenreiro, “faise necesario unha mellora dos camiños das parroquias que nesta primeira actuación afectará a un total casi una trintena de vías”. Desde a concellería de Obras subliñan que estas melloras súmanse as obras dos distintos plans provinciais que están actualmente en licitación e que comezarán en breve. “No periodo que resta do ano e o primeiro semestre do 2018, sinala Tenreiro, o concello acometerá obras nas rúas de Sada e nos camiños das parroquias por valor de máis de dous millóns de euros”.
O pleno do vindeiro xoves debatirá o modificativo de crédito para utilizar o remanente de tesourería no financiamento dos investimentos nos camiños. Desde a intervención municipal considéranse as actuacións que o goberno leva para a súa aprobación ao Pleno como financeiramente sostibles unha vez comprobados os requisitos e cumpridos os trámites.
En total o goberno municipal presenta ao pleno catro proxectos nos que se incluen un total de vintecinco melloras en en camiños do municipio. O proxecto dá reparación do camiño de Machado (Mosteirón) a Fraga (Osedo) e outros cinco caminos por 71.480,76€; a reparación do camiño de San Pedro (Veigue) a Taibó (Carnoedo) por 17.820,20€; a mellora da seguridade vial no camiño de A Condesa en Castelo (Osedo) e outros cinco camiños por valor de 166.426,95€ e a mellora de seguridade vial no camiño de a Xesteira (Carnoedo) e 10 caminos máis en Meirás, Mondego e outras parroquias do termo municipal por valor de 107.132,03€.
Listado de camiños que a concellería de Obras e Servizos pretende mellorar.
- Camiño de Machado A Fraga (Mosteirón)
- Camiño de Carballal (Mosteirón)
- Camiño de Trasín a Soutovello (Mosteirón)
- Camiño de Soutovello a Mosteirón (Mosteirón)
- Camiño de Cirro (Veigue)
- Camiño de Tarreo (Veigue)
- Camiño da Lapa (Veigue)
- Camiño da Regueira (Soñeiro)
- Camiño da Viladona en Mandín (Soñeiro)
- Rúa en Mandín (Soñeiro)
- Camiño do cementerio en Costa (Soñeiro)
- Camiño da Cova (Soñeiro)
- Camiño de Samoedo (Sada)
- Pavimentación aceras e mellora de servizos na rúa Sadadarea (Sada)
- Mellora de servizos afectados na rúa República Arxentina (Sada)
- Camiño de A Condesa (Osedo)
- Sobreancho parada autobús Souto da Igrexa (Meirás)
- Camiño do Redondo en Vilar (Meirás)
- Camiño de A Cañota en Vilar (Meirás)
- Camiño de Tumbadoiro a Cimás (Meirás)
- Camiño de A Braña de Arriba en Piñeiro (Meirás)
- Camiño de Meirás a Fortiñón (Mondego)
- Camiño de Amexeiral ao Valo (Mondego)
- Camiño de Mazón no Amexeiral (Mondego)
- Camiño de Quintán a Vertín (Mondego)
- Camiño da Xesteira en Souto (Carnoedo)
- Camiño de San Pedro (Veigue) a Taibó (Carnoedo)