O goberno local leva a pleno a redución de impostos para vehículos non contaminantes

24 / OUT / 2016

O goberno local leva a pleno a redución de impostos para vehículos non contaminantes

- A proposta presentada polo alcalde Benito Portela contempla a redución do 50% para vehículos con cero emisións, eléctricos ou híbridos e para turismos de nova matriculación con emisións de CO2 que non superen os 100 gr/Km, durante os seis anos naturais desde a primeira matriculación

-A reducción do IBI, unha das primeiras medidas adoptadas polo Goberno de Benito Portela, supuxo unha caída de ingresos por este concepto do 16%, pero os resultados económicos do pasado ano e a execución do ano en curso non acusan este descenso e revelan “unha boa marcha económica” do Concello de Sada.

Sada 22 outubro 2016.

El gobierno local presidido por Benito Portela llevará a pleno el próximo jueves una modificación de la ordenanza fiscal reguladora del impuesto sobre vehículos de tracción mecánica en donde se pretende bonificar en función de la clase de carburante que consuma el vehículo o su incidencia en el medio ambiente.

O alcalde de Sada, Benito Portela, xustifica esta actuación dado que o incremento na contaminación atmosférica incide de maneira moi negativa sobre a salubridade das persoas e acentúa o efecto invernadoiro de consecuencias dañinas  para o medio ambiente, calidade de vida e sustentabilidade” precisamente segundo indica o alcalde “unha das principais causas da contaminación actual son as emisións realizadas por vehículos alimentados por hidrocarburos por iso é intención de este gobernó incentivar o uso de vehículos menos contaminantes mediante bonificacións na cuota do Imposto sobre vehículos de Tracción Mecánica”.

As bonificacións que o goberno pretende introducir na ordenanza fiscal, e que se debatirán no próximo pleno, se establecen nun 50% na cuota dos vehículos con cero emisións, eléctricos ou híbridos así como vehículos novos clasificados como turismos de motor gasolina ou diesel con emisións de CO2 que non superen os 100 gr/Km.

Asi mesmo se bonificará cun 50% aos vehículos para os que os seus titulares acrediten destinalos a unha actividade económica e que utilicen biogás, gas natural comprimido, metanol, hidróxeno e outros compostos non contaminantes.

Todas estas reducións aplicaranse durante os seis anos naturais desde a primeira matriculación.

Aos efectos de non minorar a recadación de imposto para manter as prestacións do Concello aos veciños de Sada, compensaranse estas bonificacións cunha pequeña suba para as cuotas dos suxeitos pasivos con máis capacidade económica co incremento das cuotas para turismos de máis de 20 caballos fiscais.

Redución IBI e medidas fiscais

Esta rebaixa de imposto á cidadanía ven logo da reducción o IBI, unha das primeiras medidas adoptadas polo Goberno de Benito Portela, supuxo unha caída de ingresos por este concepto do 16%, pero os resultados económicos do pasado ano e as previsións para este non acusan este descenso e revelan “unha boa marcha económica” do Concello de Sada.

“É dicir, sinala Portela, baixamos a presión fiscal sobre todo á cidadanía pero mantemos o gasto dos servizos e incrementamos partidas que consideramos moi necesarias para o benestar dá cidadanía”, con estas previsións, no documento de 2016  puido incrementarse a partida destinada a axudas ás emerxencias sociais nun 36 % con respecto ao último aprobado, o correspondente ao 2013.

Outro dos pasos que se están dando en materia económica desde o Concello de Sada están orientados a recuperar ingresos polo aumento de participación en tributos do Estado.  Neste sentido, o alcalde sinalou que “estánse a estudar os ingresos que o Concello de Sada recibiu do Estado e correspóndenos máis do que se achegou, polo que imos reclamar a parte que nos corresponde” apostilou.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Arquivado en