-As obras previstas levaránse a cabo no camiño de titularidade municipal de A Lagoa que posee canalizacións de pluviais en cuneta aberta pero conta con tramos sen o peralte axeitado polo que as augas pluviais circulan sobre o camino o que provoca o seu deterioro a tódolos niveis.
- A actuación, que unha vez comenzada terá unha duración de aproximadamente dous meses, conta cun orzamento de 48.259,00€ para a realización das obras proxectadas.
Sada, 28 marzo 2016
O goberno municipal ven de presentar o proxecto de mellora do pavimento do camino da Lagoa, na parroquia de Mondego, a fin de de solicitar subvención para a súa execución no Plan marco da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader)
Neste contexto, o programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014 - 2020 prevé o apoio a investimentos en infraestruturas destinadas ao desenvolvemento, modernización ou adaptación da agricultura e a silvicultura. Específicamente, contempla a promoción dos investimentos en infraestruturas relacionadas coa explotación e en particular, a mellora da rede viaria existente no medio rural
As obras previstas levaránse a cabo no camiño de titularidade municipal da Lagoa, na parroquia de Mondego, que posee canalizacións de pluviais en cuneta aberta, un razonable paquete de firmes, ten os servizos de auga e saneamento dende o ano 2008 e o pavimento e de regos asfálticos.
Segundo o proxecto elaborado pola concellería de Obras e Servizos, xestionada por Miguel Tenreiro, o camiño ten tramos sen o peralte axeitado polo que as augas pluviais circulan sobre o camino o que provoca o seu deterioro a tódolos niveis. “Como consecuencia do paso do tempo, indica Tenreiro, xeneráronse novas necesidades e servicios do tráfico cada vez máis intensos con todo tipo de vehículos: transporte escolar, circuitos de distribución, recogida de productos, vehículos empregados na construcción de vivendas, etc. Este incremento do tráfico deben soportarlo tódolos camiños do municipio e por iso, en moitos casos, debe de dotárseles de un maior paquete de firmes que impida a súa destrucción, así como mellorar la comodidade e seguridade dos viandantes e da conducción”.
Por todo isto o goberno local, a través da concellería de Obras e Servizos, decidiu solicitar subvención para a renovación e mellora do camino da Lagoa, cuxa xustificación técnica esta na mellora da accesibilidad aos lugares e na necesidade de consolidar unos viales que se atopan no comenzo de unha etapa de degradación que os facería intransitables.
Nesta obra pretendese mellorar o peralte e/o afirmado da plataforma cun recargo de zahorra, regularizar as rasantes para evitar badenes, rebachear e por último aplicar un tratamento bituminoso a base de aglomerado.
A mellora incluiría a limpeza e preparación de explanación do camino, tanto da veira coma das cunetas e noiros, rasanteo e nivelado da explanación. Instalación de cano de tubos para augas pluviais, incluido escavación da zanxa e o formigón en masa, para tajeas ou cunetas e o seus respectivos sumidoiros. Mellora da base con zahorra artificial e formación de peraltes, que supoñan un reforzo do piso existente coa incorporación de novas capas máis axeitadas ás características do tráfico rodado que soportan. E finalmente realización do firme a base de aglomerado en quente tipo e sinalización horizontal e vertical e posta a cota dos rexistros de auga e saneamento existentes no camino.
A actuación, que unha vez comenzada terá unha duración de aproximadamente dous meses, conta cun orzamento de 48.259,00€ para a realización das obras proxectadas.