O goberno municipal, a través da concellería de Deportes, Educación e Xuventude, quere dar saída a histórica demanda da mocidade en Sada levando ao pleno o primeiro paso para a construcción dun skate park. “Queremos que a mocidade de Sada se sinta escoitada” sinala a concelleira de Deportes, Rebeca Mouriño, quen adianta que para a redacción do proxecto teranse en conta e reuniranse cos usuarios potenciais, “posto que quen mellor que eles para coñecer as súas demandas para unha pista que levan anos reclamando”
O gobernó municipal do Concello de Sada da o primeiro paso para a construcción dun Skate Park no municipio elevando a pleno a redaccion do proxecto para posteriormente xerar o crédito para a súa execución.
O skatepark tomado como modelo na valoración que se presenta ao pleno aproveita a configuración actual da parcela, a súa topografía e, e articúlase ao redor dun bowl central. O modelo incluído nesta proposta está formado por un skatepark que permita ser percorrido na súa totalidade con fluidez e facilidade por usuarios de distintos niveis, e que permita ser usado simultaneamente por varias persoas.
O deseño permite numerosas liñas ou trazadas con moitos transfers pasando dun elemento a outro o que lle confire unha gran versatilidade, sendo fácil e divertido. Non obstante para a redacción do proxecto defnitivo a concellería de Deportes teranse en conta e reuniranse cos usuarios potenciais.
A parcela na que se prevé á intervención atópase situada xunto ao pavillón deportivo de Sada, actualmente utilizada nunha parte como zona de aparcadoiro, e que foi xa utilizada como base para instalacións portátiles para a práctica da patinaxe. A pista tería unha superficie aproximada de 500m2, ocupando .o skate park un rectángulo de 28m x 18m de lonxitude.
O trazado buscará a usabilidade por todos os deportistas sen renunciar á creatividade e o bo deseño, por iso exponse incluír elementos innovadores que dean ao parque un interese especial. Buscarase que se poidan utilizar zonas determinadas segundo a idade, modalidade, nivel técnico, etc, desde un usuario experimentado até un principiante que poida evolucionar e progresar ao seguinte nivel.
Coa intervención prevese tamén crear unha zona de estancia con elementos verdes dando máis amabilidade ao deseño da zona e para sacar o máximo rendemento posible ao equipamento deportivo, o seu uso non se limitará só ás horas de sol, xa que se expón tamén incluír iluminación artificial.
Segundo a concelleira de Deportes, Rebeca Mouriño, “non se trata unicamente dun equipamento deportivo ubicado na zona mais acaída para elo por ser zona de concentración deportiva, senon tamen dunha zona de encontro onde a mocidade poida ter a sensacion de pertenza tendo unha zona de enconteo e esparcimento”.