O equipo redactor xa acometeu as indicacións, correccións e emendas que propoñía a orde de non aprobación definitiva ditada pola Xunta de Galicia.
Coa aprobación definitiva do PXOM, poderase por exemplo, cubrir os parques infantís públicos do Concello que estean dentro dos sistemas de espazos libres. Daríase resposta deste xeito a unha demanda histórica de todos e todas os usuarios e usuarias destes servizos, xa que até o de agora a normativa da Ordenanza Urbanística Provisional non permitía a sua execución.
Sada, 4 abril 2017
Na xuntanza de goberno celebrada na mañá de onte o concelleiro de urbanismo informou do estado de tramitación do PXOM. O goberno municipal de Sada, tal e como anuncio no mes de febreiro, unha vez que o equipo redactor entregue nos vindeiros días o PXOM modificado, e logo de solicitar os informes técnicos e xurídicos municipais pertinentes, agarda levar a Pleno neste mes o documento para súa aprobación provisional e a sua posterior remisión á Xunta para aprobación definitiva.
O goberno de Sada, agarda que o PXOM sexa aprobado por unanimidade de todos os grupos que conforman o Pleno da Corporación de xeito que a sua posterior aprobación definitiva pola Xunta permita a sua publicación oficial e entrada en vigor para antes do verán.
A aprobación do PXOM ademais de dotar de seguridade xurídica todas aquelas inversións e actuacións que se queran implementar ao abeiro do mesmo por parte dos veciños e veciñas de Sada facilitará que o propio Concello poida acometer investimentos en equipamentos, dotacións e infraestruturas necesarias para atender as demandas da cidadanía. Investimentos que progresivamente, e de acordo co programa de actuación do PXOM, iranse incorporando aos Orzamentos do propio Concello ou doutras administracións públicas.
Precisamente coa aprobación definitiva do PXOM, poderase por exemplo, cubrir os parques infantís públicos do Concello que estean dentro dos sistemas de espazos libres. Daríase resposta deste xeito a unha demanda histórica de todos e todas os usuarios e usuarias destes servizos, xa que até o de agora a normativa da Ordenanza Urbanística Provisional non permitía a sua execución.