Destinada á clase ILCA a regata disputarase os días 26 e 27 de marzo na ría de Sada e contará con máis de 100 embarcacións da modalidade chegadas de toda Galicia
O Salón de Plenos do Concello de Sada albergou onte a presentación do I Trofeo Concello de Sada, regata clasificatoria de ILCA incorporada no calendario oficial de competición da Real Federación Galega de Vela.
Coa presenza de María Nogareda, Concelleira de Deportes, que actuou de anfitrioa do acto, contou coa participación de Juan Devesa, Técnico de Deportes, e de Héctor Cerdeira, Director Deportivo de Alamar Sada. Nogareda matizou na súa intervención "a importancia que un evento destas características ten no retorno económico para Sada, destacando niso o impulso que, tanto desde Alamar como desde a concellaría de deportes, queren dar ao deporte da vela".
Os días 26 e 27 de marzo deste ano 2022, ALAMAR SADA organiza unha das súas grandes citas velísticas, o I Trofeo Concello de Sada, regata clasificatoria da Clase ILCA para o tres categorías que a conforman: ILCA 4, 6 e 7.
A Clase ILCA, anterior Láser, é unha das modalidades con máis licenzas deportivas na ampla listaxe da Real Federación Galega de Vela.
O seu segredo son o tres mencionadas categorías, que aglutinan un amplo abanico de idades, sendo a máis xuvenil (ILCA 4, anterior Láser 4.7) unha das opcións que elixen as nenas e nenos que deixan atrás o seu paso polo Optimist, por razóns propias de peso ou idade, evolucionando no seu desenvolvemento deportivo cara ao ILCA 6 (Láser Radial), que é Olímpica, do mesmo xeito que o ILCA 7 (Láser Standard).
Esta última, cunha vela que porta maior vento debido ao seu tamaño, é outra das disciplinas á que optan aqueles adultos que se inician no deporte da vela, existindo auténticas competicións Máster onde reina a camaradería, con figuras do olimpismo español como Miguel Noguer (primeiro ouro olímpico español en Moscova 1980, xunto a Jane Abascal); Josele Doreste, medalla de ouro nos JJ.OO. de Seul en 1988 e pertencente a unha saga familiar que cultivou grandes éxitos no deporte da vela; José María van derPloeg, ouro en Barcelona 92; Alfredo Vázquez, Diploma Olímpico nos Xogos de Barcelona 92, na clase Soling, tendo por compañeiros de tripulación a Fernando León e ao actual Rei de España, Felipe VIN; Mónica Azón, que foi bicampioa mundial na Clase Yngling; ou os galegos Antonio Gaona, José Manuel Losada, Manuel Gestoso e Roque Vello, entre moitos outros.
A regata clasificatoria de ILCA consta de dúas xornadas, con tres mangas programadas por cada día de competición, sendo a previsión dos organizadores a dun centenar de regatistas chegados desde todos os recunchos de Galicia.
Patrocina o Concello de Sada, contando coa colaboración de Murimar Seguros, Sadamar e Hotel Alda Sada Mariña.