O IV OUTONO DE TAPAS CUMPLE UNHA SEMANA E DESBORDA EXPECTATIVAS

08 / NOV / 2016

O IV OUTONO DE TAPAS CUMPLE UNHA SEMANA E DESBORDA EXPECTATIVAS

-A enorme acollida que sadenses e visitantes lle diron a esta edición do “Outono de Tapas” fixo que se desbordasen as expectativas.

-Os veciños e visitantes degustaron durante estes días 32 tapas nos establecementos participantes.

-Esta iniciativa, proposta pola Concellalía de Promoción Económica e Turismo de Sada, pretende poñer en valor os ingredientes típicos da tempada e dinamizar a hostalaría, promocionando as súas propostas gastronómicas.

-Varios hostaleiros participantes remataron as tapas durante a xornada do sábado e xa están facendo acopio dos ingredientes necesarios para volver a ofrecer as súas tapas aos clientes.

Sada 8 novembro 2016.

O concelleiro nacionalista, Liss Becerra, valorou positivamente o inicio do concurso de tapas, “estamos satisfeitos pola acollida, pero aínda quedan días para que entre todos poñamos de manifestó aos que nos visiten, que a hostalaría de Sada ofrece o mellor produto e o mellor servizo de toda a contorna. Asemade, o feito de que se celebre a II Feira de Oficios artesans durante os días 11, 12 e 13 novembro, ten que servirnos a todos de motivación para mellorar as cifras e impresións que estamos a recibir”.

Datos que confirman o éxito da iniciativa

Alta demanda; na primeira semana de concurso repartironse xa máis de 4000 papeletas de votación e 2000 dípticos cos roteiros de tapas, xa se están a proporcionar novos cupóns de votacións e diverso material do concurso para atender a demanda dos clientes que elixen Sada como destino de tapeo.

O concelleiro do Bng afirma ademáis que  “Temos moitisimo interese en que éstas e outras actividades acaden o compromiso de todos, pois desde a área de promoción económica, poñemos recursos económicos e humanos a disposición do tecido hostaleiro de Sada”. “Este tipo de certames non se poderían realizar sen que o persoal da área se comprometerá co seu suceso, polo que aínda estamos máis orgullosos”.

Ata o 13 de novembro poderánse degustar as exquisitas tapas preparadas con esmero polos establecementos de Sada, gratuitamente coa consumición.

Os clientes, ademáis de valorar a mellor tapa participante, accederán co seu voto a un sorteo consistente en 100€ en consumicións nun dos 32 locais participantes e un lote de cervexa artesá.

Paralelamente, un xurado composto por profesionais da Gastronomía e do Comercio de Sada, están a valorar as tapas elaboradas para elixir a mellor tapa de Outono.

Redes sociais; dende o departamento, destacan ademáis a boa acollida nas redes sociais, onde durante esta semana as visitas a páxina de turismo subiron un 133% así como os “me gusta” un 50% e un alcance orgánico de máis de 11.522 usuarios e máis de 7669 interaccións (unha suba do 300%) coas publicacións relacionadas co evento.

Asemade, a conta de Instagram de turismo de Sada, esta a experimentar un crecemento exponencial, rexistrando visitas de todo o continente europeo (Londres, París, Dublín, Lyon, Marbella…),  americano (San Francisco,  Nova Iorque, Bermuda, Bos Aires…), asiático (Vietnam) e ata da mesma Australia, polo que supón una excelente ferramenta de promoción da gastronomía sadense de forma global.

Arquivado en