A Concellería de Cultura e Praias do Concello de Sada convoca una nova edición da Feira Modernista, na que, como é habitual, disporase dun espazo acondicionado para organizar un “MERCADO MODERNISTA”.
BASES PARTICIPACIÓN MERCADO MODERNISTA 2018
PRESENTACIÓN MERCADO MODERNISTA
A Concellería de Cultura e Praias do Concello de Sada convoca una nova edición da Feira Modernista, na que, como é habitual, disporase dun espazo acondicionado para organizar un “MERCADO MODERNISTA”.
Nesta ocasión presentamos un total de 25 espazos cubertos, dos cales serán reservados algúns para a participación de propostas de corte solidario ou asociativo de nivel municipal.
Os espazos que ofrece a organización nesta edición consistirán en carpas de cor branca de 3x3 mts. Irán cubertas con lona impermeable e terán posibilidade de peche en todo o seu contorno. As carpas presentarán unha estrutura frontal cuns paneis decorados con motivos modernistas que aportarán unha imaxe de pórtico, unindo as carpas de 3 en 3.
Contarán con instalación eléctrica para a súa iluminación, equipadas cunha lámpada e un enchufe.
Os espazos terán posibilidade de apertura para atención ao público por adiante e por atrás.