O Mercado da Festa da Cervexa

16 / XUL / 2018

O Mercado da Festa da Cervexa

PRESENTACIÓN MERCADO DA FESTA DA CERVEXA

BASES PARA A SELECCIÓN DE SOLICITUDES PARA O MERCADO DA FESTA DA CERVEXA

PRAZO EXTRAORDINARIO PARA A SOLICITIDE DE POSTOS VACANTES NA FESTA DA CERVEXA

A programación da “Festa da Cervexa” 2018 inclúe unha área destinada á organización dun mercado para acoller tanto propostas gastronómicas e relacionadas con servizos de hostalería a nivel local, como para acoller propostas do tecido asociativo cultural e solidario do municipio.
 
Convocadas as bases reguladoras da participación nesta iniciativa, dado que quedan postos dispoñibles, proponse abrir un prazo para a solicitude de ocupación dos postos vacantes, dentro das datas dispoñibles ata a celebración da actividade. Este novo prazo finaliza o mércores 18.
 
FESTA DA CERVEXA 2018

A Concellería de Cultura e Praias do Concello de Sada convoca una nova edición da Festa da Cervexa. Trátase dun evento que se ven organizando no verán sadense dende fai máis de 25 anos, converténdose nunha cita case “tradicional”.

Impulsada dende o seu inicio ata a actualidade pola Asociación cultural Cine Castelao, nesta edición muda a súa proposta ao cesar a actividade da asociación promotora.

O Concello de Sada colle o relevo na organización desta proposta cultural e festiva e propón unha renovación da iniciativa coa intención de impulsar novamente esta celebración. O concepto desta nova edición inclúe unha proposta cultural con dous contidos principais: a música en diferentes estilos e as artes escénicas, concretamente a través de actuacións clown e circenses.

Deste xeito pretendemos achegar unha programación de interese para público familiar e aumentar o público infantil que accede a contidos culturais. Por outra banda, a oferta de lecer de carácter máis festivo contará cun espazo de mercado, o “Mercado da Festa da Cervexa”, que incluirá unha variedade propostas gastronómicas, que dependerá do número de solicitudes da hostalería sadense que se reciban e un posto central dende o que se ofrecerá unha variedade de cervexas. As asociacións culturais do municipio terán tamén opción de estar presentes cun posto dende o que poderán informar ao público sobre as súas actividades ou vender produtos que lles permitan financiar os seus proxectos. Por último, haberá espazos reservados para iniciativas de carácter solidario impulsadas dende o termo municipal.

Arquivado en