O Ministerio de Educación premia á Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo por un proxecto de animación á lectura

07 / NOV / 2016

O Ministerio de Educación premia á Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo por un proxecto de animación á lectura

-A biblioteca sadense, englobada na concellería de Cultura, foi seleccionada polo concurso de proxectos de animación á lectura María Moliner en municipios de menos de 50.000 habitantes organizado polo servizo de promoción da lectura do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Sada 7 novembro 2016

O pasado mércores o Servizo de Promoción da Lectura pertencente á Secretaría de Estado de Cultura do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte notificaba á directora da Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo, María Pena, a resolución do concurso de proxectos de animación á lectura María Moliner en municipios de menos de 50.000 habitantes.

“A súa biblioteca foi unha das seleccionadas pola Comisión de Valoración da campaña María Moliner” indicaba o escrito que ademais sinalaba que premio inclúe un lote de libros para a biblioteca sadense.

O Ministerio premia o proxecto da Biblioteca Municipal  “A Lectura: ferramenta para unha Vida”  que entre as accións que desenvolve  atópanse A Liña de Inglés, Os Talleres de Illa Fantasía (coa bruxas Analfabeta, TachaTodo e Fortunata) e ChocolaSada, as tres acción dirixidas aos nenos e nenas sadenses.

Sada resultou premiada xunto a outros oito concellos da provincia da Coruña nun concurso que ten por obxectivo premiar a aquelas bibliotecas de municipios que leven a cabo un proxecto único que inclúa as accións de animación á lectura, a eficiencia e labor bibliotecario, a integración social na súa comunidade, así como o uso das novas tecnoloxías.

 

Arquivado en