O Ministerio de Enerxía concede 230.000 euros ao Concello de Sada para proxectos de eficiencia enerxética

24 / OUT / 2018

O Ministerio de Enerxía concede 230.000 euros ao Concello de Sada para proxectos de eficiencia enerxética

- O goberno local levará ao pleno do próximo xoves un expediente de crédito extraordinario para financiar con cargo ao remanente de tesouraría o 20% restante da financiación dos proxectos para os que solicitou a axuda ao Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (Idae), dependente do Ministerio de Enerxía e que xestiona fondos europeos Feder.

 

Sada 23 outubro 2018.

O Goberno Local realizará tres actuacións encamiñadas a conseguir unha mellor eficiencia enerxética en instalacións municipais así  como para lograr unha reducción das emisións de dióxido de carbono logo de conseguir unha axuda  do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (Idae), dependente do Ministerio de Enerxía e que xestiona fondos europeos Feder.

A Unión Europea estimou favorablemente a solicitude de axuda ao Concello de Sada para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa de crecemento sustentable e financiará con 228.710,99€ , que supón un 80% o máximo posible, os proxectos de mellora da eficiencia enerxética do CEIP Barrié da Maza mediante a rehabilitación enerxética de xanelas e/ou lucernarios, a subministración e instalación de dúas bombas de calor na Casa da Cultura e o cambio de climatizadora da piscina municipal por outra con recuperador de calor.

O goberno local pola súa banda levará ao pleno do próximo xoves un expediente de crédito extraordinario para financiar con cargo ao remanente de tesouraría o 20% restante, que ascende a 59.640,77€,  para a realización destas tres actuacións.

O alcalde de Sada, Benito Portela, incide nos beneficios das actuacións que “acadarán unha mellora ambiental cunha maior eficiencia enerxética así como unha maior confortabilidade da comunidade escolar do CEIP de Mondego e nas instalación municipais”       

Colexio Barrié da Maza de Mondego.

O obxectivo principal desta actuación é mellorar a eficiencia enerxética do edificio mediante a rehabilitación enerxética de xanelas e/ou lucernarios. A medida alcanza á totalidade dos ocos, nas diferentes fachadas do edificio, tanto xanelas como portas exteriores. Retiraranse as carpintarías actuais de aluminio e acristalamiento simple sen rotura de ponte térmica por outras de PVC lacado con dobre cristal, cámara de illamento e rotura de ponte térmica. O orzamento total da execución dos traballos é de 160.787,65€.

Cambio da Climatizadora da Piscina Municipal

O obxectivo desta actuación é o cambio da climatizadora da piscina municipal por outra con recuperador de calor para reducir o consumo de gasóleo. O proxecto ten un orzamento de 76.303,90€ dos cales o Concello de Sada asumirá 15.261,58€.

Bombas de calor en la Casa de la Cultura

Subministración e instalación de dúas bombas de calor na Casa da Cultura de Sada para a climatización das distintas estancias. O orzamento desta actuación ascende a 49.004,81€. Sada financiará con 12.251,20€ este proxecto.

Próximas actuacións en aforro enerxético.

O goberno local espera agora que o Ministerio de Enerxía resolva tamén outras actuacións, para as que tamén solicitou subvencións, para acadar unha maior eficiencia enerxética no alumeado público do termo municipal. En concreto duas actuacións, pendentes de resolución, que suman 700.000€ para lograr un maior aforro no alumeado público do casco urbano e nas parroquias do municipio.

O proxectos para os que o goberno local solicita as axudas son complementarios cos realizados desde a chegada de Benito Portela á alcaldía polos que se renovaron as luminarias en varios camiños de Sada, Carnoedo, O Castro, Castelo e Meirás.

As actuacións centráronse no centro urbano e tamén en viarios de varias parroquias, onde os técnicos municipais consideraban que existía unha deficiente iluminación. Neste sentido, os técnicos municipais indicaron que “obterase un aforro superior ao 61 % da potencia consumida” co cambio realizado.

 

Arquivado en