- Outra das propostas do goberno local aprobadas no pleno do pasado xoves foi a relativa á solicitude á administración competentes das realizacións dás obras hidraúlicas necesarias para a prevención e protección fronte a inundacións no municipio de Sada.
Sada, 27 febreiro 2017.
O alcalde de Sada, Benito Portela demanda e seguirá demandando da Xunta e de Augas de Galicia a inclusión de Sada como ARPSI no plan de inundacións así como a aprobación e execución das obras necesarias para dar solución a un problema que é unha necesidade e unha esixencia de todo o pobo a Sada.
No pleno celebrado o pasado xoves o goberno municipal incluíu dous puntos de importancia neste sentido tendentes a avanzar nas actuacións que tanto a Universidade da Coruña, a través do Grupo de Enxeñaría da auga e Medio Ambiente, como os ingeñeiros de EMALCSA, indican que son as necesarias para evitar que se produzan novas inundacións en Sada.
A segunda proposta que presentou o gobernou municipal foi a solicitude á administración competentes das realizacións das obras hidraúlicas necesarias para a prevención e protección fronte a inundacións no municipio de Sada.
O alcalde de Sada, Benito Portela, sinalaba que as obras necesarias, incluídas nos estudos realizados polos enxeñeiros do GEAMA da Universidade da Coruña, son competencia da Xunta de Galicia e que o concello apoiará e colaborará con Augas de Galicia en todo o necesario para levalas adiante pero que debe de ser a Xunta quen realice o proxecto para tal actuación. Declaracións do alcalde de Sada, Benito Portela, no pleno
O goberno xa lle transmitiu, tanto á Xunta como a Augas de Galicia, a súa disposición a conveniar a redacción, aprobación e execución de tales actuacións, e mesmo a vontade de contribuír financeiramente á mesma. Portela reuniuse coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e en varias ocasións cos responsables de Augas de Galicia, para presentar os estudos realizados polo GEAMA da Universidade da Coruña e solicitou unha nova cita coa conselleira unha vez que os orzamentos da Xunta non incluíron partidas destinadas a estas obras.