09 / OUT / 2019
O programa "Ler Conta Moito" da Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo programa para este venres 11 de outubro "Feminino Plural" con Silvia Penide e Carla López.
A actividade que terá lugar a partir das 19:00 horas é unha aposta por achegar o universo das mulleres autoras (de libros e de cancións) ata o público. Penide e Carla mostrarán cancións de Amaral, Guadi Gallego, Julieta Venegas, Patti Smith e escotaranse texto de Lucía Aldao entre outras autoras
A actividade con entrada de balde está aberta a todos os públicos e familias ata completar o aforo de 40 persoas.