14 / XUN / 2024
O Concello oferta un amplo abano de actividades que van dende clases de paddle surf ata un torneo de freestyle
No mes de xullo, a Concellería de Deporte, Educación e Xuventude do Concello de Sada organiza SADA MÓVESE 2024, unha serie de actividades de lecer para a cidadanía.
Neste sentido, a programación de actividades será a seguinte:
- Zumba: os luns e mércores do mes de xullo ás 12.00. No Paseo Marítimo fronte ao Concello de Sada. Participación aberta a todos os públicos
- Adestramento funcional: os martes do mes de xullo ás 12.00. No Paseo Marítimo fronte ao Concello de Sada. Participación aberta a todos os públicos
- Strong: os xoves do mes de xullo (excepto o 25 de xullo) ás 12.00 horas. No Paseo Marítimo fronte ao Concello de Sada. Participación aberta a todos os públicos
- Torneo de Brilé: o martes 9 de xullo de 11.30 a 13.30. Xardíns do Paseo Marítimo ao carón da praza Irmáns Suárez Picallo. Este xogo popular é un clásico que volta a estar de actualidade. Dous equipos enfrontados en dous campos de xogo que intentarán eliminarse "brilando" cun toque de balón nalgunha parte do corpo. Proposta aberta a todos os públicos.
- Calistenia: os venres 5 e 12 de xullo a partir das 11.30. Nas instalacións de Calistenia ao carón das pistas polideportivas. A disciplina de calistenia está basada en movementos co propio peso corporal que melloran a globalidad física dos nosos corpos: forza, movilidade, flexibilidade e resistencia. O noso obxectivo é que a cidadanía coñeza as instalacións deportivas urbanas, gañen autonomía no seu uso e as integren na súa rutina de vida consciente e saudable. Proposta aberta a mocidade e adultos en xeral
- Torneo batalla Freestyle: o sábado 13 xullo a partir das 17.00. Pistas polideportivas do Paseo Marítimo. Dinamizado por Gallos del Norte, a primeira plataforma social de FREESTYLE que aposta polo talento na nosa terra a varios niveis. A disciplina freestyle é aquela na que dous rapeir@s umprovisan sobre unha instrumental de hip hop. Tamén é unha ferramenta social de inclusión que aporta valor á sociedade. Da conciencia, entretén e crea pontes entre diferentes colectivos e persoas cun sinfín de recursos como a creatividade, o pensamento crítico, a música, a linguaxe e as emocións, entre outros. Proposta aberta á participación da mocidade e adultos interesados.
- Roteiros en vela: 17 e 19 de xullo de 10.00 a 14.00. No Porto de Sada. A partir de 12 anos (tamén se os cumpre ao longo do 2014). Inscrición previa a partir do 17 xuño na web municipal. Cada sesión ten unha cota de 20 euros.
- Paddle Surf: 23 e 25 de xullo de 10.00 a 12.00. No Porto de Sada. A partir de 12 anos (tamén se os cumpre ao longo do 2014). Inscrición previa a partir do 17 de xuño na web municipal. Cada sesión ten unha cota de 9 euros.
Ademais, o local xuvenil permanecerá aberto de luns a venres en horario de 10.00 horas a 14.00 horas. Toda persoa que queira acceder a máis información sobre as actividades náuticas pode fácelo na seguinte ligazón.