O Concello de Sada, a través da concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego, está a por en marcha o programa "Vives Emprega Sada 2020", co obxectivo de facilitar o acceso ao mercado laboral a persoas en risco de exclusión a través de empregos por conta allea, autoemprego ou outras formas de economía social.
Sada, 16 xaneiro 2020.
Desde a Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego, xestionada por Laura Rodríguez, móstranse satisfeitas co resultado do Programa Vives Emplea 2019 orientado a aumentar a empregabilidade, a motivación e as competencias e habilidades de persoas en risco de vulnerabilidade.
A maioría das personas seleccionadas foron mulleres entre 36 e 45 anos cunha formación académica non homologada no marco estatal. A dinámica do programa puido desenvolverse satisfactoriamente grazas a formación dunha equipa consolidada onde tendo en conta os seus sectores de procedencia e obxetivos profesionais individuais. Así, a través dunha metodoloxía activa e innovadora por parte do responsable Alejandro Martín un 40% das personas participantes acadou o obxetivo de inserción laboral segundo informa a concelleira Laura Rodríguez.
Ademáis das inserccións detectouse unha mellora competencial en canto a autocofianza, a organización propia, a flexibilidade e a creativadade entre os integrantres do grupo.
Tendo en conta os datos, desde a Concellería anuncian a reedición do programa para o 2020 e informan de que o proceso de selección está aberto para persoas desempregadas do Concello de Sada, que conten contar cun nivel de lectoescritura básico e presenen algún rasgo de vulnerabilidade do FSE.
Desde a concellería de ofertan 25 prazas para este programa gratuito que terá unha duración de cinco meses, de febreiro a xuño de 2020.
INSCRICIÓNS PROGRAMA VIVES EMPLEA SADA 2020
Ligazón ao portal de Emprego de Sada con máis info sobre o programa Vives Emplea 2020.