O interventor municipal destaca a solvencia financieira demostrada do Concello de Sada no informe da Liquidación do 2022. O goberno municipal elevará ao Pleno Ordinario do xoves 28 de setembro un modificativo de crédito para novas inversións e pagos a proveedores.
A Liquidación das contas municipais do ano 2022 reflexan que o Concello de Sada ten solvencia financieira demostrada, un aforro neto de 1,6 millóns de euros e un remanente de tesouraría de 3,5 millóns de euros, o que de forma gráfica significa que se a 31 de decembro o Concello pagase todas as súas débedas e cobrase todos os dereitos ao seu favor esa sería a cantidade que quedaría.
Segundo o informe de Liquidación 2022 do interventor municipal “o remanente de tesouraría sitúase nuns niveis adecuados, permitindo manter certa marxe de solvencia ante calquera continxencia negativa derivada da execución de orzamentos futuros”. Con todo tamén advirte o interventor que “do saldo resultante a 31 de decembro na conta hai acredores por gastos pendentes de aplicar ao orzamento e outras facturas recibidas justificativas de gastos” polo que sería necesario “realizar unha depuración dos dereitos pendentes de cobro”.
É por iso que o goberno municipal elevará ao pleno ordinario do mes de setembro un modificativo de crédito para o abono de facturas e tamén para futuros investimentos no municipio. Entre as facturas que se inclúen no modificativo que se presentará a pleno descatan as pendentes do primeiro semestre do ano relativas ás festas de Entroido, actividades educativas e o gasto corrente da piscina municipal que nos primeiros meses da súa apertura despois da reforma supuxo perdas constantes para o consistorio.