- Organizado pola concellaría de Benestar Social, xestionada por Isabel Reimundez, e pola Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE) da Coruña, contará coas bandas Tregua, Adobriga, Prima Nocte, Rocket King (grupo tributo a Guns N´Roses) e Far Away Place.
-O espírito de promoción de grupos noveis desde unha acción solidaria trasládase das instalacións de ASPACE a unha carpa situada no Paseo Marítimo de Sada nesta oitava edición.
-Para Eulogio López Río, director xerente de ASPACE Coruña, o Festival Rock é un punto de encontro da mocidade que lle gustaría consolidásese en Sada como unha actividade que de comezo á programación de eventos de verán da localidade.
Sada, 4 xuño 2016.
Sada será o escenario do VIII Festival de Rock Solidario de Aspace. “O espírito de promoción de grupos noveis desde unha acción solidaria trasládase das instalacións de ASPACE a unha carpa situada no Paseo Marítimo de Sada nesta oitava edición” sinalou onte Eulogio López Río, director xerente de ASPACE Coruña, na presentación do festival.
Organizado pola concellaría de Benestar Social, xestionada por Isabel Reimundez, e por ASPACE, o festival de Rock Solidario terá lugar o vindeiro venres 10 de xuño a partir das 20:00 horas nunha carpa instalada detrás do edificio modernista da Terraza e contará coas bandas Tregua, Adobriga, Prima Nocte, Rocket King (grupo tributo a Guns N´Roses) e Far Away Place.
Para Eulogio López Río, director xerente de ASPACE Coruña, o Festival Rock é “un punto de encontro da mocidade” e engade que “gustaríalle consolidásese en Sada como unha actividade que dea comezo á programación de eventos de verán da localidade”. Pola súa banda a concelleira de Benestar Social, Isabel Reimundez indicou na presentación do evento que o Concello de Sada “apoiará sempre actos integradores” como o que organiza ASPACE e aproveitou para convidar os mozos e mozas de toda Galicia a desprazarse a Sada o vindeiro venres para gozar do evento.
Desde a organización do evento dispuxéronse sorteos e varias sorpresas durante a celebración do festival. Neste sentido Isabel Reimundez sinala que toda a recadación das rifas para o sorteo será integra para a Asociación ASPACE para a realización de diversas actividades.
Esta é a primeira vez que o festival de Rock Solidario realízase fóra das instalacións do centro en Casteliño. “Decidimos, sinala López Río, sacar fóra das nosas instalacións o evento para que o maior número de xente poida gozar do concerto”.
Desde a organización sinalan que nesta oitava edición recibíronse máis de 100 solicitudes de bandas de rock para participar. “Realmente tivemos unha avalancha de solicitudes e ao final decidimos seleccionar as seis bandas que compoñen o este cartel de luxo”. A concelleira quixo agradecer aos grupos o seu apoio e tamén aos patrocinadores desta edición, as cervexas artesás locais Bandua e Artabria así como a cadea de alimentación Gadis.
Os grupos do VIII Festival Rock Solidario Aspace
Nesta ocasión a organización seleccionou para que actúen o vindeiro venres 10 de xuño ás bandas Tregua, Adobriga, Prima Nocte, Rocket King (grupo tributo a Guns N´Roses) e Far Away Place.
Far Away Place é un grupo fundado en Ferrol no verán de 2010. O estilo do grupo hard rock, inspirado por AC/DC, con toques de punk, blues e pop. Até a data o grupo deu máis de 40 concertos por toda Galicia, proclamándose campións do concurso de bandas EISVmusic 2014 en Vigo e semifinalistas no certame Kill Rock Banda, na sala Barracudas de Madrid.
Por aquilo de facer patria, son moitos os que consideran aos galegos Rocket King como a mellor banda de tributo a Guns N´Roses. Tras un 2015 cargado de actuacións, a formación chega a Sada cun espectáculo cos temas máis recoñecidos dos californianos.
Tregua é un grupo de rock da Coruña creado en 2007. O seu primeiro álbum de estudo “Luces y sombras” apareceu en abril de 2011, un álbum de rock contundente. A estrutura da banda actual, permitiu ao grupo o desenvolvemento dunha xira nacional coa participación no cartel do os principais festivais do país acompañando a artistas da talla dos Suaves, Rosendo, Revolver, Medina Azahara ou Miguel Costas.
Prima Nocte é grupo de metal con influencia góticas e trash orixinarios de Cambados.
Finalmente Adobriga son cinco veinteañeros ferroláns que decidiron unirse para formar o grupo musical Adobriga cando se deron conta que había poucas bandas en Ferrol que apostasen por rock en español ou galego.