OBRADOIRO DE AUTODEFENSA PARA MULLERES

19 / XUN / 2018

OBRADOIRO DE AUTODEFENSA PARA MULLERES

O vindeiro xoves 5 xullo ás 17:30 h terá lugar na cámara agraria de Riobao, un obradoiro de autodefensa dirixido a mulleres maiores de 16 anos. 

A concellería de Igualdade e Benestar colabora coa Deputación Provincial na organización deste obradoiro para o cual destina 15 prazas. As solicitantes poderanse anotar chamando ao teléfono dos Servizos Sociais municipais (981 620 5679 e tamén no teléfono 981 576 469.

Este obradoiro está englobado dentro do programa "Quen dixo medo?" que organiza a área de Igualdade da Deputación da Coruña.  

Día: sábado 5 de xullo de 2018

Horario: de 17.30 a 20 h

Lugar: Cámara Agraria de Riobao

A finalidade do obradoiro é xerar un espazo que permita ás mulleres identificar as agresións, analizando a súa orixe, proporcionándolle as habilidades e coñecementos dos mecanismos de defensa, tanto físicos como psíquicos, fronte a un posible agresor, de xeito que, a través das técnicas aprendidas, poidan saír ilesas dunha situación de violencia, dando unha resposta contundente e decidida.

DESTINATARIAS

Mulleres maiores de 16 anos, nun grupo de non máis de 15 persoas para favorecer unha atención individualizada.

LUGAR DE INSCRICIÓN

Servizos Sociais Comunitarios Básicos (Avda. Lagoa 44, baixo. Sada. 981 620567) e no 981 576469 info@quendixomedo.gal

Prioridade por orde de inscrición

METODOLOXÍA

O obradoiro empregará unha dinámica totalmente participativa, na que se articularán dúas grandes áreas de traballo: un bloque teórico, no cal se promoverán técnicas grupais, debates etc... para o tratamento dos temas presentados; e por outro, un bloque práctico, no que se traballarán aspectos físicos e psicolóxicos para que as mulleres tomen consciencia dos seus dereitos, da súa forza e da súa valía a través do traballo físico.

CONTIDO

- Parte teórica:

Que é a violencia de xénero?

Ciclo de violencia

Arquivado en