A especialidade a impartir é Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais para a que existe unha dispoñibilidade de 20 prazas (10 prazas para cada concello). Nos próximos días a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) da concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada porase en contacto coas persoas preseleccionadas pola oficina de emprego da Coruña-Monelos.
- 25/09/2017 - Corrección de erros na publicación da valoración definitiva para provisión de alumnado- traballador Obradoiro Sada-Cambre PROXEDIS
- 19/09/2017 - Listaxe definitiva selección alumnado traballador Obradoiro Sada-Cambre PROXEDIS
- 19/09/2017 - Listaxe definitiva selección de persoal directivo, docente e de apoio para Obradoiro Sada-Cambre PROXEDIS
- 12/09/2017 - Resultados provisionais da selección do alumnado traballador dos concellos de Sada e Cambre do Obradoiro de Emprego "Cambre-Sada PROXEDIS"
- 12/09/2017 - Resultados da selección de persoal directivo, docente e apoio do Obradoiro de Emprego "Cambre-Sada PROXEDIS"
- BASES PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN ALUMNADO-TRABALLADOR/A
- BASES PROCEDEMENTO SELECCIÓN DO PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E ADMINISTRATIVO DE APOIO
Sada 28 de agosto 2017.
O obradoiro de emprego “Cambre - Sada PROXEDIS” é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e promovido polos concellos de Sada e Cambre.
A especialidade a impartir é Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSCS0208) para a que existe unha dispoñibilidade de 20 prazas distribuidas en 10 prazas para cada concello (Sada e Cambre). Nos próximos días a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) da concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada porase en contacto coas persoas preseleccionadas pola oficina de emprego da Coruña-Monelos.
O obradoiro terá unha duración de 9 meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as. O alumnado traballador/a será contratado, baixo a modalidade de contrato para a formación e o aprendizaxe coas particularidades que establece a disposición adicional primeira do Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e o aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual, e percibirá as retribucións que lle correspondan de conformidade co previsto na normativa vixente.
As actuacións a realizar son as seguintes:
Atención a persoas dependentes na Residencia Padre Rubinos na Coruña
Atención a persoas dependentes en ASPACE, Sada
Atención a persoas dependentes na Residencia García Hermanos (Hermanitas de los ancianos desamparados de Betanzos).
Atención a persoas dependentes no Centro Pai Menni de Betanzos
Atención a persoas dependentes en ASPRONAGA, Oleiros
Atención a persoas dependentes en Cáritas Interparroquial A Coruña
PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN ALUMNADO-TRABALLADOR/A:
Sistema de selección: Oferta tipo T (Taller de emprego)
Localidade: Ámbito dos Concellos de Cambre e Sada. No caso de non atoparse candidatos/as suficientes, a sondaxe ampliaríase ao resto dos concellos limítrofes do ámbito da oficina de emprego A Coruña - Monelos, dando prioridade a aqueles concellos que non teñan proxectos de obradoiros de emprego.
Idade: 18 ou máis anos.
Situación laboral: Persoas desempregadas, entendéndose nesta situación persoas demandantes de emprego rexistradas no Servizo Público de Emprego de Galicia, que carezan de ocupación remunerada e estean dispoñibles para o emprego, sempre que poidan subscribir contrato de formación e aprendizaxe durante toda a duración do obradoiro.
Criterios preferentes de selección:O grupo de traballo mixto deberá aplicar os criterios preferentes de selección que figuran no artigo 11º da Orde do 8 de febreiro de 2017, (DOG núm. 44, do 3 de marzo de 2017), segundo baremo.
As persoas candidatas deberán posuír a formación mínima esixida para acceder á obtención do certificado de profesionalidade previsto neste obradoiro “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” (nivel de cualificación 2), para cumprir cos requisitos de acceso sinalados nos reais decretos que o regulan co fin de que unha vez rematada a formación o alumnado traballador poida acadar o correspondente certificado de profesionalidade.
O grupo de traballo mixto excluirá do proceso selectivo ás persoas candidatas que tiveran participado noutro proxecto formativo de iguais características, ou que estean incluídos nalgún programa relacionado coas políticas activas de emprego (cursos AFD, programas de cooperación, ...).
O número máximo de persoas candidatas a preseleccionar será determinado polo grupo de traballo mixto, e o mínimo será, se é posible, de 60 (3 por praza). A sondaxe realizarase entre as persoas demandantes preferentemente con algunha das claves seguintes: SSCS11ET, 320, 340, ou 370 a partir dos 18 anos.
Unha vez ditada a resolución de concesión de subvención para o obradoiro de emprego, a entidade promotora tramitará a correspondente oferta na oficina de emprego de A Coruña - Monelos, para logo proceder á selección definitiva das persoas candidatas polo grupo mixto.
Maís información nas BASES PARA A SELECCIÓN DO ALUMNADO TRABALLADOR/A E PERSOAL DO OBRADOIRO DE EMPREGO
PROCEDEMENTO SELECCIÓN DO PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E ADMINISTRATIVO DE APOIO
Unha vez ditada a resolución de concesión de subvención para o obradoiro de emprego, a entidade promotora tramitará a correspondente oferta de emprego na oficina de emprego de A Coruña - Monelos, para logo proceder á selección definitiva dos/as candidatos/as.
Neste caso o procedemento utilizado consistirá na oferta de emprego, na que se adecuará o perfil das persoas candidatas aos baremos que se achegan nas páxinas seguintes. As persoas candidatas forzosamente deberán estar inscritas na oficina de emprego como demandantes de emprego e terán preferencia as persoas que en igualdade de condicións de cumprimento do perfil requirido se atopen en situación de desemprego (artigo 12.4).
Contratarase ao seguinte persoal para o obradoiro de emprego:
- 1 director/a (xornada completa)
- 1 mestre/a da especialidade Atención sociosanitaria a persoas dependentes en Institucións sociais (Rama sanitaria) (xornada completa)
- 1 mestre/a da especialidade de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (Rama psicosocial) (xornada completa)
- 1 docente de inserción laboral (media xornada)
- 1 docente de ensino básico (media xornada)
- 1 auxiliar administrativo (media xornada)
O grupo de traballo mixto determinará o número máximo de candidatos/as a preseleccionar para cada praza, debendo considerar, na medida do posible, tres candidatos/as por posto.
O ámbito da sondaxe será os Concellos de Cambre e Sada ampliándose, no caso de non se obter o número de candidatos/as suficiente, aos outros concellos limítrofes do ámbito da oficina de emprego A Coruña - Monelos e de ser necesario, a toda a provincia.
A oficina de emprego comunicará os/as candidatos/as preseleccionados/as a forma, lugar e prazo de presentación da documentación xustificativa do currículo, acreditativa dos seus méritos:
- A titulación académica, que se xustificaran co correspondente titulo académico oficial.
- Os cursos realizados, que se xustificaran cos correspondentes diplomas.
- A experiencia profesional, deberá xustificarse co:
- Informe de vida laboral actualizado emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social
- Para traballos por conta allea: contratos ou certificados de empresa, ou nóminas que reflictan o posto de traballo desenvolvido de cada experiencia laboral.
- Para traballos por conta propia: alta no IAE e contrato de servizos ou documentación que xustifique o traballo desenvolvido.
- Para traballos no estranxeiro: Certificación oficial na que conste o traballo desenvolvido e os períodos traballados (en castelán ou galego)
As persoas candidatas preseleccionadas que non cumpran cos requisitos de titulación e experiencia profesional, non poderán ser admitidas.
Maís información nas BASES PARA A SELECCIÓN DO ALUMNADO TRABALLADOR/A E PERSOAL DO OBRADOIRO DE EMPREGO