Obradoiro en Sada con recollida de plástico para convertelo nunha obra artística

15 / OUT / 2021

Obradoiro en Sada con recollida de plástico para convertelo nunha obra artística

A artista Ana María Cabanes Fontao, que expón na Capela de San Roque dentro da exposición colectiva do Festival Mar do Mares, "Somos Mar" está a impartir o obradoiro co alumnado de 4º de primaria do CEIP Sada e Contornos.

Esta mañá  o alumnado de 4º de primaria, do CEIP Sada e Contornos, está a ter un encontro na Capela de San Roque coa artista Ana María Cabanes Fontao, que expón na Capela dentro da exposición colectiva "Somos Mar II", do Festival Mar do Mares.

Ana estalles a contar ao alumnado como xorde a idea da súa peza artística a partir  da súa preocupación ecolóxica e estalles a falar da súa obras realizada  con plástico de refugallo que provén do mar. Trátase dunha obra colorista e alegre que contrasta coa orixe do plástico do que está feita.

Neste obradoiro, Ana María compartirá coa rapazada o seu proceso creativo de comezo a fin.  A partir da visita á exposición na Capela de San Roque, actívase o proceso de creación que se inicia na praia das Delicias de Sada cunha limpeza para recoller material plástico que será empregado a posteriori para que os rapaces creen as súas obras. Esta recolecta de plástico conleva tamén unha reflexión sobre a orixe do lixo atopado e a razón de que estea na praia.

Na segunda parte do obradoiro o alumnado dará unha nova vida aos materiais  de refugallo empregándoos para facer unha colorista obra na que plasmar a súa creatividade.

 

Arquivado en