OBRADOIROS DE LECER PARA A MOCIDADE E ADULTOS

14 / NOV / 2019

OBRADOIROS DE LECER PARA A MOCIDADE E ADULTOS

O proxecto de obradoiros de lecer para mocidade e para adultos promovido pola Concellería Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación e Mocidade do Concello de Sada ten como obxectivo que os/as veciños/as de Sada participen en actividades de lecer e tempo libre coa finalidade de que poidan adquirir habilidades persoais e aprendizaxe de novas capacidades.

Inscrición en liña

Bases de participación Obradoiros de Lecer

Sada, 14 novembro 2019.

As temáticas serán moi variadas, dende empaquetado de agasallos, lettering, encadernación, etc

Destinatarios/as, prazas e prezo

  • Mozos e mozas a partir de 15 anos (inclusive) e adultos en xeral
  • O límite de prazas para cada obradoiro será de 15 persoas, establecéndose unha listaxe de agarda en caso de superar ese número de solicitudes. 
  • Prezo público por participante en obradoiro: 5€

Os obradoiros serán realizados en horario non lectivo, con duración determinada entre 2-3 horas segundo a temática e en datas que serán publicitadas de forma periódica a través dos medios de difusión habituais.

Lugar de realización das actividades formativas adultos:

  • Casas do pobo das parroquias e Local actividades da OMIX

As persoas interesadas deberán formalizar a inscrición nos obradoiros a través das seguintes vías:

O prazo ordinario de inscrición durará 10 días a partir de hoxe. Unha vez transcurridos os 10 días de prazo para a inscrición, publicarase a listaxe de prazas adxudicadas atendendo aos criterios de preferencia anteriormente indicados no artigo

O prazo de pago comezará a contar dende o mesmo día de publicación da listaxe na web e durará 4 días naturais. A formalización definitiva da inscrición será mediante a presentación do xustificante de pagamento ben de forma presencial na OMIX en horario de 09:00 h. a 14:00 h. e de 16:00 h. a 18:00 h. ou no correo electrónico omixsada@gmail.com ata as 23: 59 h. do último día do prazo. A non formalización da inscrición neste prazo suporá a renuncia da praza, pasando o dereito ao seguinte en listaxe de agarda.

Prazo extraordinario: Sempre e cando haxa dispoñibilidade de prazas e a concellería considere que se pode incorporar novos participantes segundo a dinámica de cada obradoiro.

Aquelas solicitudes presentadas fóra do proceso inicial, iranse incorporando á listaxe de agarda correspondente. Cando queden prazas vacantes chamaranse as persoas da listaxe de agarda, segundo o orden establecido na mesma. As persoas que acepten a praza deberán formalizar a mesma a través do ingreso correspondente e segundo o procedemento que se establece nestas bases.

Arquivado en