O Concello de Sada, a través da Concellaría de Educación, Xuventude, Saúde organiza os Obradoiros de Nadal, que é unha oferta de actividades de lecer durante este periodo non lectivo para rapaces e rapazas nados entre o 2014 e o 2006.
LISTAXE OBRADOIROS DE NADAL 2018 SOLICITANTES ADMITIDOS
A concellería de Educación oferta un total de 80 prazas para participantes empadroados/as en Sada (comprobarase de oficio) das que reservaranse até un 10% desas prazas a participantes derivados dos Servizos Sociais municipais, tendo a opción de exención de pago previo informe favorable dos técnicos/as municipais con competencias nesa área.
As datas de celebración serán os días 26, 27, 28 de decembro e 2, 3, 4 e de xaneiro en horario de 08.45-14.00 h. O espazo elexido para estes obradoiros serán as instalacións do CEIP Pedro Barrié de la Maza (Mondego), ofertándose ademáis o servizo de autobús con única parada no centro urbán (diante do Concello). Para que haxa este servizo deberá haber un mínimo de 30 participantes que o soliciten na inscrición, en caso contrario dito servizo será cancelado e reflexado nas listaxes de admitidos/as.
O prazo de inscrición abarcará dende o día 22 de novembro até o 5 de decembro (ate as 18.00 horas) e poderase realizar entregando a folla de inscrición na Oficina da Xuventude ou enviandoa escaneada a omixsada@gmail.com e tamén cubrindo o formulario online
Se houbese máis solicitudes que prazas, celebrarase un sorteo público entre todas as recibidas o día 7 de decembro ás 10.00 h. na planta baixa da Oficina da Xuventude. Establecerase unha listaxe de agarda para aquelas solicitudes que no sorteo non obtiveran praza e que poderán ser chamadas segundo haxa renuncias. No suposto caso de realizar sorteo, irmáns e irmás inscribiranse na mesma solicitude coa adxudicación do mesmo número no sorteo.
Publicación de listaxe de admitidos/as e listaxe de agarda (no caso de realizar sorteo): 10 de decembro na web municipal e físicamente na OMIX.
Prazo de pagamento: Do 11 ao 16 de decembro (inclusive). As cuotas serán as establecidas segundo o informe de prezo público. É imprescindible presentar o xustificante de pagamento na Oficina da Xuventude ou a través do correo electrónico entre esas datas, así como a documentación que acredite algún desconto na tarifa xeral (2º irmán/á, proxenitores desempregados ou condición de Familia Numerosa).
Unha vez rematado o prazo anterior, se non houbese xustificante de pagamento implicará a renuncia da praza, e ofrecerase ao seguinte da listaxe de agarda, quenes poderán realizar o pagamento entre os días 18 e 20 de decembro (inclusive).