A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), organiza un Obradoiro: EMPODERAMENTO DE MULLERES
Mulleres empoderadas participando no progreso da súa comunidade
Unha sociedade desenvolta non avanza sen mulleres dispostas a achegar unha visión feminina aos proxectos e actividades da comunidade. Isto inclúe capacidade de superación, de adaptación ás novas circunstancias, ambición para mellorar persoal e profesionalmente, capacidade para comunicar tanto o que desexan como o que pensan ou senten e orientación ao ben común entre outras habilidades. Por contra, moitas mulleres ou ben se deixan a pel niso ou ben renuncian aos seus soños.
Metodoloxía:
O taller é de carácter vivencial. As asistentes terán a oportunidade de experimentar os conceptos e claves expostos no contido. Cada punto do bloque de contidos ( 1, 2, 3 ) realizarase nunha xornada diferente de modo que poidan integralo e aplicalo unha vez saian de cada sesión.
Contido:
1. O eu individual: A relación cunha mesma
2. O eu na súa realidade cotiá: A relación coa contorna próxima
3. A relación coa comunidade. Redes de apoio e desenvolvemento das mulleres
Datas:
Datas: 24, 25 e 26 de abril de 2019
Horario: de 10:00 a 13:00 h.
Lugar: Salón de plenos do Concello de Sada. Avda. do Porto, 24-1º
Poñente: BEATRIZ RAMIREZ ARISTU
Persoas destinatarias: Mulleres de Sada
Inscricións:
Chamando ao 620 765 150 ou cubrindo o seguinte formulario
Prazo de inscrición ata o luns 22 de abril ás 12:00 h.
GRATUÍTO. Plan de Formación Municipal para o Emprego do Concello de Sada (FORME)