O noso traballo segue comprometido co feito de que toda a veciñanza de Sada poida desfrutar duns servizos públicos de calidade e, neste sentido, os nosos esforzos encamíñanse a acadar que as redes de infraestruturas de servizos básicos cheguen a todos os lugares do noso concello. Por outra banda, o respecto polo medio natural e a obriga de deixarmos ás vindeiras xeracións un mundo mellor fundamentan todas e cada unha das actuacións que levamos a cabo dende os nosos departamentos
![]() |
Fernando FariñaConcelleiro delegado da área de Obras e Servizos e Medioambiente |
Podes remitirnos incidencias sobre obras ou servizos no concello a través deste formulario
Estas bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal laboral ou calquera das situacións contempladas no artigo 1 do Real Decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos de duración determinada, así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal coa categoría de albanel
O Concello de Sada convoca selección de persoal con caracter interino para postos de persoal laboral ou persoal funcionario de conserxe/ordenanza:
O Concello de Sada programa unha serie de actividades que facilita a posibilidade de realizar visitas gratuitas para coñecer outras zonas de Galicia de interés cultural, social ou medioambiental ao longo de todo o ano.
Campamento Dixital é un programa de actividades extraescolares gratuítas para nenos, nenas e adolescentes de 9 a 11 anos en competencias dixitais. Son sesións de formación gratuíta máis actividades complementarias online guiadas, durante as vacacións de Semana Santa.
As presentes bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición por quenda libre, dunha (1) praza de operario almacenista, persoal laboral, pertencente ao Grupo V, vacante no Cadro de Persoal e incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2021 (BOP núm. 246, do 28-12-2021) en todo aquelo que non estea previsto nas Bases xerais dos procesos selectivos para o desenvolvemento da Oferta de Emprego Público para o Concello de Sada do ano 2021, aprobadas pola resolución da Alcaldía núm. 788/2023, 27 de abril e modificadas pola resolución da Alcaldía 1098/2024, do 10 de xuño publicada no BOP núm. 120, do 21-06-2024.
As presentes bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición por quenda libre, dunha (1) praza de operario, persoal laboral, pertencente ao Grupo V, vacante no Cadro de Persoal e incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2021 (BOP núm. 246, do 28-12-2021) e modificada por resolución de alcaldía 800/2024 do 29 de abril de 2024 (BOP núm. 88, 07-05-2024) en todo aquelo que non estea previsto nas Bases xerais dos procesos selectivos para o desenvolvemento da Oferta de Emprego Público para o Concello de Sada do ano 2021, aprobadas pola resolución da Alcaldía núm. 788/2023, 27 de abril e modificadas pola resolución da Alcaldía 1098/2024, do 10 de xuño publicada no BOP núm. 120, do 21-06-2024.
O Concello de Sada abre a convocatoria e as bases reguladoras da XVIII Mostra de Teatro Afeccionado de Sada, Premios Lugrís Freire 2025
As concellerías de Emprego e de Educación, Deportes e Xuventude programan un CURSO DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS NO CONCELLO DE SADA. impartido pola Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA).
O Concello de Sada desenvolve esta liña de axudas dirixida a entidades culturais municipais sen ánimo de lucro coa finalidade de colaborar a manter a actividade das asociacións culturais, de fomentar a actividade no eido da cultura no termo municipal e de facilitar que o tecido asociativo acade os obxectivos que lles son propios. Deste xeito, o Concello exerce as súas competencias no fomento da participación da cidadanía na vida cultural, facilita a creación artística e a produción cultural a nivel local e avanza na realización do dereito da cidadanía á cultura. Esta convocatoria ten por obxecto a concesión de subvencións no ámbito do termo municipal de Sada nas materias de “Organización de actividades culturais, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade.
O Concello de Sada desenvolve esta liña de axudas dirixidas a entidades organizadoras das festas patronais parroquiais coa finalidade de contribuír a que acaden os obxectivos que lles son propios, fomentar a participación activa da cidadanía na celebración e conservación das festas parroquiais de maior tradición e arraigo, que forman parte da nosa identidade e memoria colectivas. Esta convocatoria ten por obxecto establecer o procedemento e criterios para a concesión de subvencións no ámbito do termo municipal de Sada para a “Organización de festas patronais parroquiais”, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade.
A presente convocatoria ten por obxecto o regulamento de concesión directa de axudas individualizadas para colaborar nos gastos correntes dos desprazamentos co fin escolar dirixida ao alumnado empadroado no Concello de Sada para o curso 2024- 2025, favorecendo o acceso aos centros de ensino públicos mediante unha axuda nos gastos derivados da utilización de calquera tipo de transporte para acceder aos mesmos. Dende a Concellería de Deporte, Educación e Xuventude do Concello de Sada preténdese incentivar a continuación de estudos non obrigatorios daquelas persoas que por circunstancias xeográficas, deben desplazarse ao non ter oferta formativa suficiente no termo municipal de Sada. Por outra banda, estas axudas posibilitan que aqueles estudantes, independentemente da súa situación económica, teñan acceso a unha educación de calidade, especialmente no caso que nos ocupa de ensinanzas non obrigatorias, onde os custes asociados son máis elevados. Estas axudas individualizadas non compensan na totalidade os gastos derivados do transporte, pero si incentivan ao alumnado para poder axudar ao esforzo económico que realizan as familias durante o curso escolar.